Australian Bureau of Statistics
A Australian Bureau of Statistics (ABS) é a oficina australiana de estatística. Nun principio foi denominada Commonwealth Bureau of Census and Statistics (Oficina de Censo e Estatística da Mancomunidade), e comezou a súa actividade o 8 de decembro de 1905. A Constitución australiana deu ó goberno o poder de recoller a información do censo e estatística.
O traballo do ABS é axudar ó goberno australiano a tomar as decisións correctas baseadas na información correcta. O ABS ten un censo cada 5 anos e recolle información sobre toda a poboación de Australia. O último censo realizouse o 8 de agosto de 2006. Os resultados dos censos están dispoñibles no sitio web de ABS.[1]
Anuario de Australia
[editar | editar a fonte]Cada ano, o ABS lanza un libro sobre Australia, chamado o Anuario de Australia. Nel detállanse a economía e as condicións de vida do país. Tamén conta con detalles acerca da xeografía e o clima de Australia, as relacións internacionais, defensa, educación, saúde e os sistemas de protección social.
En abril de 2008, o ABS dixo que non dispuña de fondos suficiente para elaborar a edición de 2009 do anuario.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Australian Bureau of Statistics
- ↑ "The Australian Newspaper.". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2009. Consultado o 27 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)