Saltar ao contido

Bachata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bachata
Orixe musicalbolero
Orixe culturalRepública Dominicana
Instrumentos típicosrequinto, baixo eléctrico, güira, bongos
Subxéneros
bachatón

A bachata é un xénero musical orixinario da República Dominicana. Considérase un híbrido entre o bolero e outros coma o son, o merengue, o chachachá e mesmo o tango.

Até finais do século XX, a bachata fora desdeñada ao se tratar dunha música das clases pobres, recibindo o apelativo de "música de amargue". Así, por exemplo, apenas era escoitada nas estacións de radio. Mais o interese xurdiu a partir da década de 1980, coa expansión dos medios masivos de comunicación, co auxe do turismo, e co esforzo dalgúns compositores que viron que xurdira un xénero diferenciado de expresión do popular. Autores como Juan Luis Guerra e Víctor Víctor nos anos 90, e anteriormente Luis Días nos 80, achegaron unha visión diferente que articulaba esta expresión musical co urbano marxinal. A chegada en masa do turismo á República Dominicana outorgoulle popularidade, e converteuna nun xénero que penetrou todos os estratos e espazos do país, espallándose internacionalmente.