Bandar Lampung
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
Lema | «Ragom Gawi» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Indonesia | ||||
Provincia | Lampung | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Bumi Waras (en) East Tanjungkarang (en) East Telukbetung (en) Enggal (en) Kedamaian (en) Kedaton (en) Kemiling (en) Labuhan Ratu (en) Langkapura (en) North Telukbetung (en) Panjang (en) Rajabasa (en) South Telukbetung (en) Sukabumi (en) Sukarame (en) Tanjung Senang (en) Tanjungkarang Pusat (en) Way Halim (en) West Tanjungkarang (en) West Telukbetung (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.166.761 (2015) (6.895,34 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 169,21 km² | ||||
Altitude | 15 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 17 de xuño de 1682 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35154 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 721 | ||||
Sitio web | bandarlampungkota.go.id |
Bandar Lampung é unha cidade de Indonesia e capital da provincia indonesia de Lampung, na illa e rexión de Sumatra. Foi fundada baixo o nome de Tanjungkarang-Telukbetung, os dous poboados que formaron a cidade. No ano 1986 rebautizouse co nome Kota Bandar Lampung (Cidade de Bandar Lampung). É a principal entrada á illa de Sumatra para xente procedente da illa de Xava. Especialmente antes da construción do importante porto na cidade de Bakauheni, ao sur de Bandar Lampung. A cidade conta co Aeroporto Radin Inten II no noroeste, que é un aeroporto nacional con voos cara a Iacarta.
Transporte
[editar | editar a fonte]Aire
[editar | editar a fonte]O Aeroporto Radin Inten II (TGK) é o principal aerodromo da cidade. Situado nas aforas, pódese acceder mediante minibuses e autobuses do transporte público.
Transporte pola estrada
[editar | editar a fonte]Bandar Lampung ten varias opcións alternativas para o transporte. Unha delas é o minibús Angkot (abreviatura de Angkutan Kota, traducido literalmente por Transporte de cidade). Serven varias liñas, operados privadamente e baratos. Polo xeral, un minibús Angkot cobre a área entre Tanjung Karang (centro de Bandar Lampung) e o sector urbano. Un Angkot cobre estas liñas:
- Tanjung Karang - Garuntang
- Tanjung Karang - Teluk Betung
- Tanjung Karang - Rajabasa
- Tanjung Karang - Sukarame
- Tanjung Karang - Langkapura
e moitos máis.
En outubro de 2011, a oficina de transporte de Bandar Lampung anunciou dúas liñas de Autobús de tránsito rápido.
Educación
[editar | editar a fonte]No ano 2009, Bandar Lampung tiña unha taxa de alfabetización do 94,3%, mais comparado co ano 2005, que tiña unha taxa de alfabetización do 93,5%. Así e todo, a taxa de participación na escola secundaria seguiu descendendo de 69,2% (2007) ao 61,4% (2009).
En Bandar Lampung hai notables universidades e institutos como SMP Negeri 2 Bandar Lampung (público), SMA Negeri 9 Bandar Lampung (público), SMA Negeri 2 Bandar Lampung (público), SMA Fransiskus Bandar Lampung (privado), Universidade Lampung (público, coñecido localmente como Unila), Bandar Lampung University (privado, coñecida localmente como UBL) e Malahayati University (privado). En marzo de 2011, a Unila tiña 70 866 alumnos.