Batman empeza
Batman empeza | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Batman Begins |
Director | Christopher Nolan |
Produtor | Emma Thomas, Charles Roven, Larry J. Franco |
Guión | Christopher Nolan e David S. Goyer |
Intérpretes | Christian Bale Michael Caine Liam Neeson Katie Holmes Morgan Freeman Gary Oldman |
Música | James Newton Howard Hans Zimmer |
Fotografía | Wally Pfister |
Montaxe | Lee Smith |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 15 de xuño de 2005 8 de xaneiro de 2009 (TVG) |
Duración | 140 minutos |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Acción |
Orzamento | $150 000 000[1] |
Recadación | $374 200 000 |
Filme seguinte | O cabaleiro escuro |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/batman-begins | |
Batman empeza (en inglés: Batman Begins) é unha película estadounidense dirixida por Christopher Nolan, estreada no 2005 e baseada no súper heroe da DC Comics, Batman. Estreouse en galego na TVG o 8 de xaneiro de 2009.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Narra a orixe da lenda de Batman e os motivos que o converteron no representante do ben na cidade de Gotham. Bruce Wayne vive obsesionado coas lembranzas dos seus pais, mortos a tiros na súa presenza. Atormentado pola dor, vaise de Gotham e percorre o mundo ata que atopa a un estraño personaxe que o adestra en tódalas disciplinas físicas e mentais que lle servirán para combater contra os delincuentes. Por esta razón, a Liga das Sombras, unha poderosa e subversiva sociedade secreta dirixida polo enigmático Ra's Al Ghul, intenta recrutalo. Cando Bruce volve a Gotham, a cidade está dominada polo crime e a corrupción. Coa axuda do seu leal mordomo Alfred, do detective da policía Jim Gordon e de Lucius Fox, o seu aliado na sociedade Ciencias Aplicadas de Wayne Enterprises, Wayne libera ó seu alter ego: Batman, un xusticeiro enmascarado que emprega a forza, a intelixencia e un despregue de artefactos de alta tecnoloxía para loitar contra as sinistras forzas que ameazan con destruír a cidade.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Christian Bale coma Bruce Wayne / Batman
- Michael Caine coma Alfred
- Liam Neeson coma Henri Ducard
- Katie Holmes coma Rachel Dawes
- Morgan Freeman coma Lucius Fox
- Gary Oldman coma Jim Gordon
- Ken Watanabe coma Ra's Al Ghul
- Cillian Murphy coma o Doutor Jonathan Crane
- Tom Wilkinson coma Carmine Falcone
- Rutger Hauer coma Earle
- Linus Roache coma Thomas Wayne
- Mark Boone Junior coma Flass
- Larry Holden coma Finch
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2005: Nomeado ó Oscar: Mellor fotografía.
- 2005: Nomeado ó BAFTA: Mellores efectos visuais, montaxe, son.
- 2005: Nomeado ós Premios Razzie: peor actriz secundaria (Katie Holmes).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Batman empeza na TVG". DiarioSiglo XXI. 7 de xaneiro de 2009. Consultado o 6 de marzo de 2013.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Filmes de 2005
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dirixidos por Christopher Nolan
- Filmes con banda sonora de James Newton Howard
- Filmes con banda sonora de Hans Zimmer
- Filmes de Legendary Pictures
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes rodados en Chicago
- Filmes rodados en Inglaterra
- Filmes rodados en Nova York
- Filmes rodados en Islandia
- Filmes sobre terrorismo
- Filmes de Syncopy Inc.
- Filmes ambientados en 2005
- Filmes ambientados en Bután
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX
- Filmes de 2005 con versión en galego