Saltar ao contido

Beniamino Stella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBeniamino Stella

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1941 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Pieve di Soligo, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cardeal
22 de febreiro de 2014 –
Prefeito da Congregação para o Clero (pt) Traducir
21 de setembro de 2013 – sen valor
← Mauro Piacenza
President of the Pontifical Ecclesiastical Academy (en) Traducir Academia Pontificia Eclesiástica
13 de outubro de 2007 – 21 de setembro de 2013
← Justo Mullor García (pt) TraducirGiampiero Gloder (pt) Traducir →
Núncio apostólico na Colômbia (pt) Traducir
11 de febreiro de 1999 –
Apostolic Nuncio to Cuba (en) Traducir
15 de decembro de 1992 –
← Faustino Sainz (pt) Traducir
Arcebispo católico
5 de setembro de 1987 –
Arcebispo titular
21 de agosto de 1987 –
Diocese: Midila (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Pontificia Eclesiástica
Universidade Pontificia Lateranense
Pontifício Seminário Romano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1966–), teólogo Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónXoán Paulo II, papa Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Beniamino Stella, nado en Pieve di Soligo o 18 de agosto de 1941, é un cardeal e arcebispo católico italiano, dende o 21 de setembro de 2013 prefecto da Congregación para o Clero.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Naceu en Pieve di Soligo, na provincia de Treviso e na diocese de Vittorio Veneto o 18 de agosto de 1941. En 1960 trasladouse a Roma, onde estivo aloxado no Pontificio Seminario Maior Romano e estudou na Facultade de Teoloxía e Filosofía da Pontificia Universidade Lateranense.[1]

O 19 de marzo de 1966 foi ordenado sacerdote polo entón bispo de Vittorio Veneto Albino Luciani, futuro papa co nome de Xoán Paulo I. Despois de se formar en Dereito Canónico en Latrán, Luciani destinouno á Pontificia Academia Eclesiástica.

Carreira diplomática

[editar | editar a fonte]

Comezou a carreira diplomática, e dende 1970 traballou nas nunciaturas en Santo Domingo, Zaire e Malta , e posteriormente foi promovido a pro-nuncio para a República Centroafricana e delegado apostólico no Chad.

O 21 de agosto de 1987 foi nomeado arcebispo titular de Midila, e consagrado na Basílica de San Pedro polo papa Xoán Paulo II, sendo os co-consagrantes Eduardo Martínez Somalo e Jean Pierre Marie Orchampt.

O seguinte 7 de novembro foi nomeado pro-nuncio apostólico para a República Democrática do Congo, e posteriormente foi tranferido ás nunciaturas de Cuba (en 1992) e Colombia (1999).

Curia Romana

[editar | editar a fonte]

O 13 de outubro de 2007 foi nomeado presidente da Pontificia Academia Eclesiástica, a institución que adestra aos diplomáticos para a Santa Sé.

O 21 de setembro de 2013 foi nomeado prefecto da Congregación para o Clero.

O 12 de xaneiro de 2014 o papa Francisco anunciou a súa creación como cardeal no consistorio do 22 de febreiro seguinte.

Notas e referencias

[editar | editar a fonte]
  1. vaticaninsider.lastampa.it, ed. (23 de setembro de 2013). "Tocca a Beniamino "Corazón"". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 25 de febreiro de 2014.