Berberecho
Berberecho | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Cerastoderma edule' (Linnaeus, 1758) [1] | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O berberecho, croque, crica, birbiricho ou chícaro é un molusco da familia dos cardiidae,[2] de nome científico Cerastoderma edule (Linné, 1758).[3] Non se recoñecen subespecies.[2]
Ten as valvas de xeito case circular, posuíndo entre 22 e 28 costelas ben marcadas. Vive soterrado en fondos lamacentos de area fina, próximo á superficie e preto da costa.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo galego berberecho provén do grego: βέρβερι, ostra das perlas[4].
Descrición
[editar | editar a fonte]A cuncha do berberecho común é de cor branca amarelenta,[5] habitualmente con liñas escuras e presenta de 22 a 28 costelas radiais moi pronunciadas, ásperas e largas, as cales se encontran cruzadas por raias concéntricas e espiñas escamosas.[6] A súa forma é globosa, case triangular e pode chegar a alcanzar os 6 cm.[5]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Atópase amplamente estendido polo océano Atlántico, desde o mar de Barents e o mar Báltico ao longo da costa atlántica europea até Mauritania, en África occidental, así como no mar Mediterráneo suroccidental, onde é considerado como raro.[7] Encóntrase en fondos cenagosos, areosos e de grava, habitualmente baixo a superficie do fondo.[7]
Comportamento
[editar | editar a fonte]Reprodúcese por medio de larvas peláxicas, e a diferenza doutras especies da súa familia, é unisexual.[6] No mar do Norte encóntrase xunto ao berberecho verde (Cerastoderma glaucum), pero non se rexistrou hibridación, debido posiblemente á incompatibilidade entre os gametos de ambas especies.[8]
Os berberechos comúns son capaces de dar saltos, apoiándose co seu pé no fondo e estricándoo de golpe poden saír proxectados até medio metro de distancia.[6]
Festas gastronómicas
[editar | editar a fonte]- Festa do Mexillón e do Berberecho, en Vilanova de Arousa (2º domingo de agosto)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jan Johan ter Poorten & Serge Gofas (2011). "Cerastoderma edule (Linnaeus, 1758)". World Register of Marine Species. Consultado o April 20, 2011.
- ↑ 2,0 2,1 Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Cerastoderma edule (TSN 80901)" (en inglés).
- ↑ Jan Johan ter Poorten & Serge Gofas (2011). World Register of Marine Species, ed. "Cerastoderma edule (Linnaeus, 1758)". Consultado o 12 de decembro do 2011. (en inglés)
- ↑ http://lema.rae.es/drae/?val=berberecho Etimoloxía e definición do termo berberecho no dicionario da RAE
- ↑ 5,0 5,1 Padilla Álvarez, F., Padilla, F., Cuesta, A. e Cuesta López, A. E. (2003). Zoología aplicada (en español). Ediciones Díaz de Santos. p. 488. ISBN 9788479785888.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Fechter, R. y Falkner, G. (1993). Moluscos, Moluscos Europeos Marinos y de Interior (en español). Barcelona, España: Ediciones Blume. p. 290. ISBN 84-8076-019-2.
- ↑ 7,0 7,1 Food and Agriculture Organization of the United Nations. "Cerastoderma edule (Linnaeus, 1758)". Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ Cognetti, G., Sarà, M. y Magazzù, G. (2001). Biología Marina (en español). Editorial Ariel. p. 619. ISBN 9788434480315.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Berberecho |