Saltar ao contido

Billy Preston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBilly Preston

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Billy Preston
(en) William E. Preston Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) William Everett Preston Editar o valor en Wikidata
2 de setembro de 1946 Editar o valor en Wikidata
Houston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xuño de 2006 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Scottsdale, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal
emergência hipertensiva (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaInglewood Park Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónSusan Miller Dorsey High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, teclista, actor de cinema, artista discográfico, actor, compositor, pianista, cantautor, compositor de cancións Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor en Wikidata - 2005 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoGospel, Blues, Soul, Funk, Rhythm and blues, rock and roll e música rock Editar o valor en Wikidata
Influencias
InstrumentoPiano, Piano eléctrico, Órgano Hammond, sintetizador, voz, Acordeón e guitarra Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEmbassy
Vee-Jay Records
Capitol Records
Atlantic Records
Motown
Derby
Apple Records
Manticore
A&M Records
Buddah Records Editar o valor en Wikidata
Participou en
1 de agosto de 1971Concerto para Bangladesh (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webbillypreston.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0696383 Allocine: 38372 Allmovie: p107040 IBDB: 84096
BNE: XX1076967 Spotify: 0IecGJbdBeYSOVtSPRehh5 Musicbrainz: 8a7cf497-dc5c-4523-932d-3fcbc9a69d38 Songkick: 150072 Discogs: 46767 Allmusic: mn0000590285 WikiTree: Preston-8562 Find a Grave: 14524361 Genius: Billy-preston Editar o valor en Wikidata

William Everett Preston, máis coñecido como Billy Preston, nado en Houston (Texas) o 2 de setembro de 1946 e finado en Scottsdale (Arizona) o 6 de xuño de 2006, foi un músico estadounidense.

Alén da súa carreira en solitario, premiada con varios Grammys, colaborou con grandes nomes da música soul, blues, funk, rock e pop como The Beatles, The Rolling Stones, Little Richard, Ray Charles, George Harrison, Elton John, Eric Clapton, Bob Dylan, Sam Cooke, King Curtis, Sammy Davis Jr., Aretha Franklin, The Jackson 5, Quincy Jones, John Lennon e Red Hot Chili Peppers entre outros. Debido á súa implicación nas sesións de gravación de Let It Be é un dos numerosos personaxes chamados o quinto Beatle. Xunto a Tony Sheridan, é o único músico acreditado nun sinxelo do cuarteto de Liverpool (no "Get Back").

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Preston comezou a tocar o piano no colo da súa nai aos tres anos, sendo considerado un neno prodixio. Aos dez participou en bandas gospel acompañando a Mahalia Jackson e James Cleveland. Aos doce, apareceu no filme de Paramount Pictures St. Louis Blues representando ao compositor de blues W.C. Handy. Nos anos 60s, participou en gravacións de Little Richard e Ray Charles. Tamén emprendeu unha carreira propia co álbum The Most Exciting Organ Ever.

Colaboración con The Beatles

[editar | editar a fonte]

Billy Preston coñeceu aos Beatles durante a xira de Little Richard por Inglaterra en 1962. O Washington Post dedicoulle un artigo á reunión, e aparece no documental Get Back de Peter Jackson para Disney Plus. Ademais de participar no Get Back, Preston colaborou activamente na gravación de Let It Be e nas cancións "I Want You (She's So Heavy)" e "Something", do álbum Abbey Road.

Despois de The Beatles

[editar | editar a fonte]

Contratado polo selo de The Beatles Apple Records en 1969, Bill Preston publicou o álbum That's the Way God Planned It e un sinxelo do mesmo nome, producidos por George Harrison; acompañárono na instrumentación Eric Clapton e George Harrison nas Guitarras, Keith Richards no Baixo e Ginger Baker na Batería. A súa relación con Harrison seguiu tras a separación dos Beatles; foi o primeiro artista en versionar "My Sweet Lord" no seu álbum Encouraging Words e participaría en numerosos álbums de Harrison. Preston tamén contribuiría enérxica e notabelmente a The Concert for Bangla Desh, o primeiro concerto benéfico organizado na historia. Saíu de xira con Harrison en 1974, e despois gravou tamén con Lennon e Ringo Starr.

A súa carreira en solitario nese período foi exitosa, alcanzou o posto #2 das listas de Billboard e levou o premio Grammy á Mellor Interpretación Instrumental de Pop polo tema "Outa-Space", introducindo o son do clavinet na música funk.

Ao longo dos dous anos seguintes, alcanzaría o posto #1 cos temas "Will It Go Round In Circles" e "Nothing From Nothing", así como o #4 con "Space Race".

Despois da separación dos Beatles, Preston tocou cos The Rolling Stones xunto ao pianista Nicky Hopkins en álbums como Sticky Fingers, Exile on Main St., Goats Head Soup, It's Only Rock'n'Roll e Black and Blue . En 1974, escribiu "You Are So Beautiful" para Joe Cocker. En 1975, aparecería como convidado no primeiro programa de Saturday Night Live xunto a Janis Ian. En 1976, foi de xira con The Rolling Stones de novo, esta vez interpretando dúas cancións propias en concerto. Máis tarde traballaría en álbums en solitario de membros dos Rollings e no álbum Bridges to Babylon de 1997.

Os anos 80 foron de menor éxito para Preston. A balada "With You I'm Born Again" xunto a Syreeta Wright alcanzou o posto #4 na Billboard, pero posteriormente sería arrestado por fraude de seguro tras prender lume á súa propia casa en Los Ángeles e tratado pola súa adicción á cocaína e ao alcol. En 1991, foi sentenciado a nove meses de rehabilitación nun centro e tres meses de arresto domiciliar.

Preston salvaría os seus problemas a comezos dos 90 saíndo de xira con Clapton e gravando cun amplo espectro de músicos. Así mesmo, participou na xira e no directo de 1990 Ringo Starr and His All-Starr Band. En 1991, foi convidado a unirse a The Band tras a morte do pianista Stan Szelest. Completou a xira, pero os seus problemas legais antes ditos porían final á colaboración sen ter tempo a gravar un álbum de estudo xunto ao grupo.

Durante unha xira e na súa loita con problemas de saúde, Preston recibiría a amarga noticia da morte de Harrison en 2001. Xunto a unha longa lista de artistas, Preston participou no Concert for George en Londres, un ano despois da súa morte. A súa homenaxe cantando "My Sweet Lord ", recibiu boas críticas. Ademais, Preston tocou o órgano Hammond e cantou "Is't It A Pity" con Eric Clapton, servindo no resto das cancións nos coros e no piano. Durante o acto, foi eloxiado como "un dos mellores organistas de todos os tempos".

En 2003, a súa contribución ao álbum Let It Be gañaría máis protagonismo co lanzamento do álbum Let It Be... Naked , onde se eliminou a posprodución de Phil Spector e destacou a súa participación. A principios de 2004, foi de xira cos Funk Brothers e Stevie Winwood e máis tarde con Eric Clapton por Europa e Norteamérica.

En 2005, Preston gravou "Go Where No One's Gone Before", o tema principal dunha serie de anime. En 2006, tocaría o clavinet na peza "Warlocks" do álbum Stadium Arcadium de Red Hot Chili Peppers. A súa última contribución sería nos álbums 12 Songs de Neil Diamond e The Road to Escondido de Clapton e JJ Cale.

A súa última aparición pública foi a finais de 2005 en Los Ángeles para a reedición da película The Concert for Bangla Desh. Posteriormente, interpretaría "Give Me Love (Give Me Peace on Earth)", "My Sweet Lord" e "Isn't It A Pity" con Dhani Harrison e Ringo Starr.

Ao longo dos anos, Preston traballara nun álbum de versións de temas de The Beatles, inédito a día de hoxe, aínda que varios temas do álbum foron presentados en The Fest For Beatles Fans antes do seu pasamento.

Falecemento

[editar | editar a fonte]

Preston loitou cunha doenza renal nos últimos anos da súa vida. A pesar de recibir un transplante en 2002, a súa saúde continuou deteriorándose. O 6 de xuño de 2006, finou en Scottsdale, Arizona, debido a complicacións de hipertensión maligna que derivou nun fallo renal e outras complicacións. Desde o 21 de novembro de 2005, Preston permanecera en coma. O seu funeral tivo lugar o 20 de xuño no Faithful Central Bible Curch de Inglewood, California. Preston está enterrado no Cemiterio Inglewood Park.

[editar | editar a fonte]
  • Foi o primeiro artista en entrar directamente ao número #1 das listas británicas de sinxelos co seu debut nos teclados do tema "Get Back".
  • Miles Davis titulou "Billy Preston" unha das súas cancións na súa honra.
  • Aparece no filme Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band caracterizado como Sgt. Pepper.
  • O tema "Outa-Space" foi usado na segunda tempada da serie de televisión My name is Earl.
  • A súa canción "Nothing from Nothing" aparece no episodio "The Mexican Staring Frog of Southern Sri Lanka" de South Park, e tamén sae no tráiler da película de Michel Gondry Be Kind Rewind.
  • O último disco no que participou antes de morrer, The Road to Escondido de J.J. Cale e Eric Clapton, está dedicado a el.
  • Cada vez que os Red Hot Chili Peppers tocan a canción Warlocks en directo, dedícanlla.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]