Boleto de Satanás
Boleto de Satanás | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||
''Boletus satanas'' Lenz | |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
O boleto de Satanás[1] (Boletus satanas), é un fungo basidiomiceto do xénero das boletos, da familia Boletaceae, que medra nos bosques caducifolios das rexións temperadas de Europa e América do Norte, preferentemente en solos calcarios. O corpo frutífero aflora do verán ao outono. É un cogomelo velenoso en cru, provocando trastornos gastrointestinais, mentres que cociñado é indixesto. O epíteto específico "satanas" significa "satánico". Son especies moi achegadas o B. torosus, o B. splendidus e mais o B. rhodopurpureus que tampouco teñen valor como comestíbel, resultando indixestos ou lixeiramente tóxicos.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]O cogomelo do Boletus satanas ten un chapeu que pode chegar a medir até 25 ou 30 cm de diámetro, moi groso e compacto, cunha cutícula que vai do branco agrisado ao verde oliva moi pálido. A súa forma pasa de ser case esférica coas marxes enroladas e de textura lixeiramente aveludada, a abrirse e coller unha forma convexa e textura lisa na madurez. Os poros na zona inferior do chapeu son dunha cor amarelenta nas fases temperás, pasando despois ao alaranxado, tomando finalmente un ton vermello. O pé do corpo frutífero mide entre 5 e 12 cm de longo por entre 4 e 10 cm de largo, é curto e ten un aspecto bochudo. En fases temperás, o pé é amarelento na parte superior, vermello na parte central e pardo arroibado na base. En fases máis maduras colle unha cor avermellada na súa totalidade e se mancha de azul ao tacto, principalmente na parte inferior. A súa carne é compacta e branca ou amarelenta. Ao cortarla colle un ton cinsento e despois azulado. O seu cheiro é desagradábel e o seu sabor doce. A súa esporada é de cor verde oliva.
Posibilidades de confusión
[editar | editar a fonte]É posíbel confundilo con especies achegadas coma B. rhodoxantus ou con exemplares novos de B. calopus. Ningunha destas dúas especies é comestíbel.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Boletus (xénero)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boleto de Satanás |