Bosque de Białowieża
(pl) Puszcza Białowieska | ||||
Tipo | Bosque primario Reserva natural bosque Reserva da biosfera | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | bosque mixto sarmático Bosque mixto de Europa central | |||
Localización | ||||
División administrativa | Voivodato de Podlaquia, Polonia | |||
Localización | Provincia de Grodno | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Altitude | 175 m | |||
Superficie | 161.000 ha 141.885 ha zona de protección: 166.708 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio natural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ix) e (x) | |||
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | 1992, 2014 | |||
Identificador | 33ter | |||
Reserva da biosfera | ||||
Identificador | Entrada: unesco.org… | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Parque Nacional Belavezhskaya Pushcha | ||||
Data | 1992 (16ª Sesión) | |||
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | 1992, 2014 | |||
Identificador | 33-001 | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
Reserva da biosfera | ||||
Identificador | Entrada: unesco.org… | |||
| ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Parque Nacional Bialowieza | ||||
Tipo | Patrimonio natural | |||
Data | 1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ix) e (x) | |||
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | 1992, 2004 | |||
Identificador | 33-002 | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 854 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1932 | |||
Cronoloxía | ||||
1992, 2014 | extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | |||
Páxina web | bpn.com.pl | |||
O bosque de Białowieża (en belaruso: Белавежская пушча, Biełaviežskaja pušča; en lituano: Baltvyžio giria; en polaco: Puszcza Białowieska) é unha reserva natural que se atopa nun dos últimos bosques virxes de Europa, o cal acolle un gran número de ungulados de gran tamaño, entre eles uns 800 exemplares do estraño e case extinto bisonte europeo.[1] Dende 1945, atópase dividido administrativamente entre Polonia (onde recibe o nome de Puszcza Białowieska ) e Belarús (onde se lle chama Белавежская пушча ou Белавежа -Belavézhskaya Pushcha ou Belavezha). Ambas as partes están separadas por un valado que impide por igual o libre movemento de grandes animais como de turistas. O bosque recibe o seu nome da localidade polaca de Białowieża, a máis achegada á súa localización. A cidade belarusa de Brest atópase a 70 quilómetros do bosque en dirección sur.
Na parte belarusa do parque o bisonte non vaga en total liberdade, senón que se atopa nunha especie de zoo con zonas acoutadas onde tamén hai outros ungulados baixo vixilancia especial (entre eles, dúas híbridos de bisonte e vaca doméstica, de gran tamaño). Tamén conta cun museo, un restaurante, bares e hoteis construídos durante a época soviética. Para acceder ó parque debe obterse primeiro o permiso do Ministerio de Interior, polo que o número de turistas estranxeiros anuais (xa de seu escaso en Belarús) é bastante baixo. Nos últimos anos tratouse de promover o turismo familiar nacional mediante a construción nas proximidades da Casa de Ded Moroz ou "o avó dos fríos", a versión eslava de Santa Claus.
Na parte polaca, doutra banda, atópase o refuxio de caza persoal construído polos tsares de Rusia. Na actualidade foi reformado e acolle no seu interior un hotel, restaurante e aparcadoiros. Os turistas poden marchar polo parque a pé, en bicicleta ou en carruaxe de cabalos, sempre baixo a supervisión dun encargado. Estímase que cada ano visitan a parte polaca preto de 100.000 turistas, a pesar de que é considerablemente máis pequena que a belarusa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Baczynska, Gabriela (28 de setembro de 2008). "Climate change clouds fate of ancient Polish woods". Reuters. Consultado o 28 de setembro de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bosque de Białowieża |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)