Saltar ao contido

Breyten Breytenbach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBreyten Breytenbach

Breyten Breytenbach
Biografía
Nacemento1939
Bonnievale Sudáfrica Suráfrica
País de nacionalidadeFrancesa Francia
EducaciónUniversidade de Cidade do Cabo
Michaelis School of Fine Art (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, ensaísta, pintor, escritor, litógrafo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor en Wikidata - 2010 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cidade do Cabo Editar o valor en Wikidata
MovementoSestigers (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Obálky knih,
Africa: An Encyclopedic Reference (en) Traducir, (vol:1) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1075824 Discogs: 3777412 Editar o valor en Wikidata


Breyten Breytenbach, nado en Bonnievale, Suráfrica, en 1939, é un escritor en afrikaans e inglés e pintor surafricano con nacionalidade francesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Belas Artes na Universidade de Cidade do Cabo, onde entrou no grupos de oposición ao apartheid. A comezos da década de 1960 marcha a París, e ao casar cunha francesa de orixe vietnamita non se lle permite regresar por infrinxir a Lei de Prohibición de Matrimonios Mixtos (1949) e a Lei de Inmoralidade (1950).

En Francia foi un dos fundadores de Okhela, un grupo de resistencia contra o apartheid no exilio. Nunha viaxe ilegal a Suráfrica en 1975 foi arrestado e condenado a nove anos de prisión por alta traizón. Liberado en 1982 debido á intervención internacional, regresou a París e obtivo a nacionalidade francesa.

A obra de Breytenbach inclúen numerosos títulos de poesía, novelas e ensaios, moitos escritos en afrikaans e outros publicados orixinalmente en inglés. É irmán de Jan Breytenbach, o fundador das forzas especiais surafricanas.