British Racing Partnership
Nome completo | British Racing Partnership |
---|---|
Bandeira | Reino Unido |
Baseada en | Tring, Hertfordshire, Reino Unido |
Tempadas en activo | 6 (1958-1959, 1961-1964) |
Número de pilotos | Stirling Moss Masten Gregory Innes Ireland Trevor Taylor Jim Hall |
Debut | Gran Premio de Marrocos de 1958 |
Carreiras | 43 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 2 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio de México de 1964 |
British Racing Partnership (BRP) foi un equipo de carreiras, e, finalmente un construtor, do Reino Unido. Foi fundado en 1957 por Alfred Moss e Ken Gregory, pai e representante de Stirling Moss respectivamente, para representar os coches de Stirling, cando non tiña contrato con outras empresas.[1]
BRP participou cun Cooper-Borgward de Fórmula Dúas e, ocasionalmente, cun BRM de Fórmula 1 en 1959, este último resultou destruído nun espectacular accidente no circuíto alemán de AVUS. BRP foi o primeiro equipo de Fórmula Un en vender a totalidade do nome do equipo a cambio dos ingresos de patrocinio, foron patrocinados polo Yeoman Credit Ltd., unha empresa de venda e alugueiro, a partir de agosto de 1959, e converteuse en Yeoman Credit Racing na tempada 1960. BRP recibiu unha suma de 40.000 libras para comprar o seu equipamento e máis 20.000 libras ao ano para o funcionamento do equipo. O equipo competiu con Coopers, tanto na Fórmula Un como na Fórmula Dúas, durante 1960, cun éxito desigual. Durante este tempo, catro dos pilotos do equipo morreron mentres competían co coche, e os propietarios de Yeoman Credit comezou a preocuparse porque o equipo non estaba xerando publicidade positiva para a súa empresa. O contrato con Yeoman Credit foi traspasado a Reg Parnell Racing ao final do ano, e para as tempadas de 1961 e 1962 BRP foi renomeado UDT Laystall Racing, como parte dun similar novo acordo de patrocinio. UDT eran as iniciais de United Dominions Trust, entre as varias propiedades do holding estaba Laystall Engineering, o principal provedor de veos de manivelas para as industrias do automóbil e da aviación británicas.[1]
En 1963, o equipo volveu ao seu nome orixinal e converteuse nun verdadeiro construtor, as tempadas anteriores correra con Lotus 24 e Cooper T51, e trataran de adquirir sen éxito o máis moderno, monocasco Lotus 25. Isto orixinou que o xefe de deseño, Tony Robinson, deseñara o seu propio coche monocasco, inspirado no Lotus 25, pero máis basto e cun motor V8 de BRM en lugar do típica Coventry Climax do Lotus 25. Este coche coñécese comunmente como o BRP-BRM e foi pilotado por Innes Ireland e Trevor Taylor.[1]
Como construtor, BRP participou en 13 probas de Gran Premio, anotando un total de 11 puntos no campionato. Logo de 1964 o equipo viuse obrigado a retirarse da F1; a BRP negóuselles a súa adhesión á Asociación de Construtores de Fórmula Un, o que os privou de diñeiro para arrincar, que entón era un factor importante nos ingresos do equipo. BRP construíu coches para as 500 Millas de Indianápolis, pero gozaron de pouco éxito.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Piloto | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1958 | Cooper T45 | Climax FPF 1.5 L4 | D | ARX | MON | NED | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | POR | ITA | MAR | |
Tom Bridger | Ret | ||||||||||||||
1959 | Cooper T51 BRM P25 |
Climax FPF 1.5 L4 BRM P25 2.5 L4 Borgward 1500 RS 1.5 L4 |
D | MON | 500 | NED | FRA | GBR | ALE | POR | ITA | USA | |||
Ivor Bueb | NSC | 13 | |||||||||||||
Stirling Moss | DSC | 2 | |||||||||||||
Chris Bristow | 10 | ||||||||||||||
Hans Herrmann | Ret | ||||||||||||||
1961 | Lotus 18 18/21 |
Climax FPF 1.5 L4 | D | MON | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | USA | ||||
Cliff Allison | 8 | NTS | |||||||||||||
Henry Taylor | NSC | NPP | 10 | Ret | 11 | ||||||||||
Lucien Bianchi | Ret | Ret | |||||||||||||
Juan Manuel Bordeu | NTS | ||||||||||||||
Masten Gregory | Ret | Ret | |||||||||||||
1962 | Lotus 24 18/21 |
Climax FWMV 1.5 V8 Climax FPF 1.5 L4 BRM P56 1.5 V8 |
D | NED | MON | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | USA | RSA | |||
Innes Ireland | Ret | Ret | Ret | Ret | 16 | Ret | 8 | 5 | |||||||
Masten Gregory | Ret | NSC | NC | Ret | 7 | 12 | 6 | ||||||||
1963 | Lotus 24 | BRM P56 1.5 V8 | D | MON | BEL | NED | FRA | GBR | ALE | ITA | USA | MEX | RSA | ||
Jim Hall | Ret | Ret | 8 | 11 | 6 | 5 | 8 | 10 | 8 | ||||||
Innes Ireland | Ret | Ret | |||||||||||||
1964 | Lotus 24 | BRM P56 1.5 V8 | D | MON | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | USA | MEX | ||
Innes Ireland | NTS | ||||||||||||||
Trevor Taylor | Ret |
Como construtor
[editar | editar a fonte](key)
Ano | Chasis | Motor(es) | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1963 | BRP 1 | BRM V8 | D | MON | BEL | NED | FRA | GBR | ALE | ITA | USA | MEX | RSA | 6 | 6º | |
Innes Ireland | Ret | 4 | 7 | Ret | 4 | |||||||||||
1964 | BRP 1 BRP 2 |
BRM V8 | D | MON | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | USA | MEX | 5 | 7º | |
Innes Ireland | 10 | Ret | 10 | 5 | 5 | Ret | 12 | |||||||||
Trevor Taylor | Ret | 7 | Ret | Ret | NSC | 6 | Ret |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Jacobson, Curtis. "Kurt DelBene's 1964 B.R.P. (BRP-BRM) Grand Prix Race Car". www.britishracecar.com. Consultado o 29 April 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |