Saltar ao contido

Bruno Mauricio de Zabala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBruno Mauricio de Zabala

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1682 Editar o valor en Wikidata
Durango, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1736 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Río Paraná Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral metropolitana de Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra de Sucesión Española Editar o valor en Wikidata
Casa natal de Zabala

Bruno Mauricio de Zabala, nado en 1682 e finado en 1736, foi un militar e administrador colonial vasco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no arrabalde de Zabala (entón extramuros a vila de Durango, hoxe integrado no centro urbano), na provincia de Biscaia que integra a comunidade autónoma do País Vasco. A súa casa natal consérvase na actualidade e sobre un dos seus muros poden apreciarse dúas placas conmemorativas do seu labor fundacional alén dos mares.

Foi nomeado capitán xeneral do Río da Prata (1717), onde reprimiu a pirataría e enfrontouse aos portugueses, que se querían apropiar da ribeira da Prata; contra estes ergueu un fortín (1726), que daría orixe a Montevideo, a futura capital do Uruguai. En 1725 e 1735 enfrontouse ao movemento comuneiro de Paraguai.