Cénit
Aparencia
En astronomía, cénit (ou zenit) é o punto que marca a intersección entre a vertical do observador e a esfera celeste (unha esfera imaxinaria onde situamos as estrelas, sendo o seu centro a Terra). É o marco referencial mais común de localización de posicións de obxectos celestes.
Imaxinando unha recta que pasa polo centro da Terra e pola nosa situación na superficie, o cénit atópase ao final desa recta, no punto que toca a esfera celeste, xusto enriba das nosas cabezas: é o punto máis alto do ceo sobre nós.
O punto diametralmente oposto sobre a esfera celeste en relación ó cénit chámase nadir.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |