Carlos o Temerario
Carlos I de Valois-Borgoña,[1], chamado Carlos o Temerario (en francés Charles le Téméraire),[2] e tamén o Audaz (en francés: Charles le Hardi), nado en Dijon o 10 ou o 11 de novembro de 1433,[3][4] e finado en Nancy o 5 de xaneiro de 1477, foi o último duque de Borgoña, de Brabante, de Limburgo e de Luxemburgo, entre outros títulos do chamado Estado borgoñón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pertencía a unha rama menor dos Valois, que gobernaron Borgoña entre 1364 e 1482.
Carlos era o terceiro fillo, convertido primoxénito despois da morte temperá dos dous primeiros, do duque Filippe III de Borgoña Filipe o Bo (1396-1467), e da súa terceira esposa Isabel de Portugal, filla do rei Xoán I, e por iso recibiu o título de conde do Charolais que, baixo os duques de Valois-Borgoña, estaba reservado ao herdeiro dos Estados borgoñóns.
O poder do ducado de Borgoña alcanzou o seu apoxeo baixo o seu reinado, pero desaparecería en virtude dos hábiles golpes políticos do rei de Francia, Lois XI.
A súa morte en 1477, na batalla de Nancy, significou o fin do soño borgoñón de resucitar a antiga Lotarinxia.
O matrimonio da súa filla María co arquiduque Maximiliano, futuro emperador do Sacro Imperio, ligou a herdanza borgoñoa á liñaxe dos Habsburgo na persoa do fillo de ambos, Filipe o Fermoso, que contraería matrimonio coa raíña Xoana de Castela. O fillo de ambos, Carlos, recibiría o seu nome en memoria do seu avó materno.
O sobrenome de "Temerario" non lle foi adxudicado até o romanticismo. Para os seus coetáneos foi "Carlos o Audaz", "o Gran León" ou "o Guerreiro", e "o Terríbel" para os seus detractores.
Carlos o Temerario na cultura
[editar | editar a fonte]En literatura
[editar | editar a fonte]- Walter Scott, Quentin Durward, (1823).
- Walter Scott, Anne de Geierstein, (1829).
No cinema
[editar | editar a fonte]- La Mort du Téméraire, telefilme de Roger Viry-Babel, (1977).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jacques Hillairet, "Dictionnaire historique des rues de Paris" (impr. 1973), Les Editions de Minuit, p.483 (columna da esquerda): "L'hôtel de Bourgogne no nº 20 da rúa Etienne Marcel pertence polo tanto aos catro duques de Valois-Bourgogne: Filipe II o Audaz (1342-1404), Xoán sen Medo (1371-1419), Filipe III o Bo (1396-1467) e Carlos I o Temerario (1433-1477)".
- ↑ Xenealoxía no sitio Medieval Lands
- ↑ Henri Pirenne, Histoire de Belgique, réédition BiblioBazaar, LLC, 2008, Ler en liña
- ↑ Philippe Contamine e Geneviève Contamine, Autour de Marguerite d'Écosse: reines, princesses et dames du s. XV, H. Champion, 1999, p. 99.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos o Temerario |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bartier, John (1970): Charles le Téméraire. Bruxelles: Charles Dessart.
- Brion, Marcel (2006): Charles le Téméraire, grand-duc d'Occident. París: Tallandier.
- Calmette, Joseph (1994): Les Grands Ducs de Bourgogne. París: Albin Michel.
- Cauchies, Jean-Marie (1996): Louis XI et Charles le Hardi. De Péronne à Nancy (1468-1477): le conflit, Bruxelles: De Boeck Université. "Bibliothèque du Moyen Âge".
- Debray, Quentin (2007): La Bataille de Nancy. Monaco: Éditions du Rocher. ISBN 978-2-268-06069-9.