Casa Rietveld Schröder
(nl) Rietveld Schröderhuis | ||||
Tipo | casa museo vivenda unifamiliar | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Utrecht, Países Baixos | |||
Localización | Prins Hendriklaan 50 | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 0,0075 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → ? | |||
Data | 2000 (24ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (ii) | |||
Identificador | 965 | |||
Rijksmonument | ||||
Data | 13 de xullo de 1976 | |||
Identificador | 18329 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1924 e 1923 | |||
Páxina web | rietveldschroderhuis.nl | |||
A casa Rietveld Schröder (en neerlandés: Rietveld Schröderhuis) (tamén coñecida como Casa Schröder) é unha construción situada en Utrecht, Países Baixos. Trátase dun dos mellores exemplos do estilo De Stijl. No ano 2000 foi incluída pola UNESCO na lista de Patrimonio da Humanidade.
Foi deseñada polo arquitecto Gerrit Rietveld para a señora Truus Schröder-Schrader e os seus tres fillos, e construída en 1924.[1] O requisito fundamental para o seu deseño era unha casa preferiblemente sen paredes. Foi restaurada por Bertus Mudler e convertida en museo.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]A casa Rietveld Schröder constitúe tanto no interior coma no exterior unha ruptura con toda a arquitectura anterior. Aínda que comparte a cerca coa última casa da veciñanza, non posúe ningunha relación arquitectónica con esta.
No interior non hai acumulación estática de cuartos, senón unha zona aberta e dinámica. A planta baixa é a máis tradicional, distribuída o redor dunha escaleira central está a cociña e tres habitacións. A sala de estar atópase no piso de arriba, declarada como un ático para satisfacer as regulacións contra incendios das autoridades de planificación, en realidade constitúe unha gran zona aberta, a excepción dun aseo e un baño separado. Rietveld quería deixar o nivel superior como estaba. A señora Schröder, polo contrario, considerou que debería ser utilizable en calquera forma, aberta ou subdividida. Isto conseguiuse cun sistema de paneis deslizantes e xiratorios. Schröder utilizou estes paneis para abrir o espazo do segundo andar para permitir máis espazo aberto para ela e os seus 3 fillos, deixando a opción aínda de pechar ou separar as habitacións cando o desexa. Cando está dividido por completo, o andar superior consta de tres cuartos, cuarto de baño e sala de estar. Entre este e o espazo aberto hai unha gran variedade de combinacións posibles.
No exterior as superficies son en branco e gris e os marcos das ventás negros, a isto súmaselle unha serie de elementos lineais coas cores primarias. Ao igual que a Cadeira vermella e azul de Rietveld, cada compoñente ten a súa propia forma, posición e cor.
Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]O comité do Patrimonio Mundial inscribiu a casa Rietveld Schröder na lista da UNESCO de Patrimonio da Humanidade o 2 de decembro de 2000 durante a sesión XXIV en Cairns, Australia. A comisión decidiu aplicar os criterios i e ii, e engadiu sobre a casa:
O Rietveld Schröderhuis en Utrecht é un ícono do movemento moderno en arquitectura e unha excelente expresión do xenio creador humano na súa pureza de ideas e conceptos desenvolvidos polo movemento De Stijl. (...) Coa súa visión radical do deseño e do uso do espazo, o Rietveld Schröderhuis ocupa unha posición fundamental no desenvolvemento da arquitectura na era moderna.[2]
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rietveld Schröderhuis" (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2018. Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Rietveld Schröderhuis (Rietveld Schröder House) - inscribed property". unesco.org (en inglés).