Saltar ao contido

Catedral de San Vladimiro de Kíiv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de San Vladimiro de Kíiv
PaísUcraína
LocalizaciónTaras Shevchenko Boulevard
Coordenadas50°26′42″N 30°30′31″L / 50.444942, 30.508717
DioceseKyiv Eparchy (Kyiv Patriarchate)
EstiloNeo-Byzantine architecture in the Russian Empire
Páxina webhttp://www.katedral.org.ua/
editar datos en Wikidata ]

A Catedral de San Vladimiro ou San Volodymyr (en ucraíno: Володимирський собор) é unha catedral do centro urbano de Kíiv. É a sé do Patriarcado de Kíiv da Igrexa Ortodoxa Ucraína e un dos principais monumentos da cidade.

Historia e descrición

[editar | editar a fonte]
Relevos de Santa Olga e San Vladimiro na porta.

En 1852, o metropolitano Filaret de Moscova propuxo a construción dunha grande catedral en Kíiv para conmemorar os 900 anos da cristianización da Rus de Kíiv co bautismo do príncipe Vladimiro o Grande. Dende todo o Imperio Ruso comezaron a facerse doazóns para sufragala, sumando unha contía de 100 000 rublos en 1859. Os monxes do Mosteiro das Covas de Kíiv fabricaron un millón de ladrillos para a edificación. O deseño da catedral fixérono os arquitectos Schtrom, P. Sparro, R. Bemhardt, K. Mayevsky, V. Nikolayev en estilo neobizantino, mentres que a versión final foi desenvolvida por Alexander Vikentievich Beretti. A catedral conta con seis pilastras, tres ábsidas e sete cúpulas, a altura da principal delas ascense ata os 49 metros. A decoración interior da catedral é moi colorida. Os seus mosaicos foron elaborados por mestres de Venecia. Os frescos foron pintados baixo a orientación de profesor Adrian Prakhov por un grupo de pintores famosos: Wilhelm Kotarbiński, Mikhail Nesterov, Mykola Pymonenko, Pavel Svedomsky, Viktor Vasnetsov, Mikhail Vrubel, Viktor Zamyraylo (1868–1939), entre outros.

A porta de entrada conta con relevos de bronce de Olga de Kyiv obra do escultor Robert Bakh e San Vladimiro sobre un fondo azul, elaborado por H. Zaieman. O iconostasio foi feito con mármore branco de Carrara. Aínda que a catedral foi completada no 1882, mais o programa pictórico non rematou ata o ano 1896.[1]

A catedral como un museo antirrelixioso na década de 1920.

Durante o período soviético, a catedral foi pechada ao culto e correu o risco de ser derruída. Acolleu un museo antirrelixioso e ateísta ata a segunda guerra mundial.[2] Tamén foi arquivo de fondos pertencentes á Academia de Ciencias.[3]

A catedral foi reaberta logo da guerra para ser a igrexa principal do metropolitano de Kíiv. Deste xeito, a catedral era un dos escasos templos que na URSS os turistas podían contemplar unha igrexa ortodoxa en funcionamento.As reliquias de Santa Bárbara, mártir do século III, foron depositadas na Catedral pola destrución do mosteiro de San Miguel das Cúpulas Douradas, demolido polos bolxeviques.[4]

Despois da disolución da Unión Soviética, a propiedade da Catedral de San Vladimiro foi unha cuestión controvertida pois a Igrexa Ortodoxa de Ucraína e o Patriarcado de Moscova, ortodoxo tamén, aspiraban a incorporala. Finalmente, o Patriarcado de Kíiv (Igrexa Ortodoxa Ucraína) fíxose coa titularidade do templo.

Na actualidade, a Catedral de San Vladimiro está dedicada ao culto e é a sede principal do Patriarcado de Kíiv, e polo tanto, da Igrexa Ortodoxa Ucraína. A lingua empregada nos servizos relixiosos é a ucraína.

Obras de Viktor Vasnetsov na Catedral

[editar | editar a fonte]
  1. "Ukraine Gateway". web.archive.org. 2007-09-27. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 2023-03-30. 
  2. "St.Volodymyr's Cathedral". web.archive.org. 2004-12-20. Archived from the original on 20 de decembro de 2004. Consultado o 2023-03-31. 
  3. "Discover Ukraine : Sitios : Kyiv : Kyiv : Catedral de San Vladimiro". discover-ukraine.info (en castelán). Consultado o 2023-03-31. 
  4. "St. Michael’s Golden-Domed Cathedral - Kyiv". www.inyourpocket.com (en inglés). Consultado o 2023-03-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]