Central Park
O Central Park é un parque urbano público situado no distrito metropolitano de Manhattan, na cidade de Nova York. O parque ten forma rectangular e unhas dimensións aproximadas de 4000 x 800 metros, sendo case dúas veces máis grande que Mónaco e case oito veces a Cidade do Vaticano, dous dos países máis pequenos do mundo.[1] Foi deseñado polos arquitectos Frederick Law Olmsted e Calvert Vaux, os cales máis tarde crearon o Brooklyn's Prospect Park.[2]
Cuns 37,5 millóns de visitantes ao ano, é o parque mais visitado dos Estados Unidos de América. Ademais, a súa aparición en numerosas películas e series de televisión convertérono nun dos parques urbanos mais famosos do mundo. Está dirixido pola Central Park Conservancy, unha empresa privada sen ánimo de lucro, que ten un contrato co Departamento de Parques e Lecer de Nova York.[3]
Malia que gran parte do parque semella ser natural, contén varios lagos artificiais, dúas pistas de patinaxe sobre xeo e áreas de herba usadas para diversas actividades deportivas.
Partes do Central Park
[editar | editar a fonte]Vales
[editar | editar a fonte]-
Shakespeare Garden
-
The Ramble
-
The Ramble
-
Great Lawn
Central Park está formado por grandes espazos de céspede, nos cales os turistas e os cidadáns de Nova York adoitan pasar o seu tempo libre. Amais, o parque conta con varios xardíns. O val de céspede mais grande do parque é o chamado Great Lawn (literalmente gran céspede), situado no centro do parque, á altura do Museo Metropolitano de Arte e do Museo Americano de Historia Natural, dous dos museos mais famosos da cidade.
Dende 1916 existe o Shakespeare Garden, inaugurado tres séculos despois da morte do escritor e que acolle a diferentes especies de plantas.[4]
Lagoas
[editar | editar a fonte]A principal lagoa do parque é o Reservoir, que dende 1994 leva o nome de Jacqueline Kennedy Onassis Reservoir. A súa construción estendeuse dende 1858 ata 1862. E ocupa o espazo comprendido entre a 86th Street e a 96th Street. Cunha superficie de 42,9 hectáreas, nalgúns puntos alcanza unha profundidade de 12 metros, e contén varios miles de millóns de litros de auga. O Reservoir é coñecido tamén pola pista para correr de 2,54 quilómetros á beira da lagoa, e que acolle cada día a miles de deportistas.
O outro gran lago do parque é The Pond (literalmente A Charca), dunha superficie de 1,4 hectáreas. The Pond, cuxa forma lembra á dunha coma, está situado na parte mais meridional do parque e baixo o nivel do mar, o que permite que nesta lagoa se amainen os ruídos propios da metrópole.
Monumentos
[editar | editar a fonte]-
Castelo Belvedere
-
Torre do castelo
-
Fonte Bethesda
-
Strawberry Fields, en memoria de John Lennon
Varias construcións, máis ou menos importantes e célebres, están distribuídas polo Central Park:
- Castelo Belvedere, de estilo vitoriano, foi construído no ano 1865 no punto máis alto do Central Park. Na actualidade é a sede do observatorio meteorolóxico de Nova York.
- Fonte Bethesda, situada en Bethesda Terrace, preto de The Lake.[5]
- Á altura da 72th Street, é dicir fronte ao Edificio Dakota, atópase o Strawberry Fields, levantado en honra ao músico de The Beatles John Lennon, asasinado preto do edificio Dakota por Mark David Chapman o 8 de decembro de 1980. Strawberry Fields foi inaugurado o día no que Lennon cumpliría 45 anos, o 9 de outubro de 1985, en presenza da que fora a súa parella, Yoko Ono.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vatican City". www.cia.gov (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018.
- ↑ "150+ Years of Park History". www.centralparknyc.org (en inglés). Archived from the original on 24 de agosto de 2007.
- ↑ "About us". www.centralparknyc.org (en inglés).
- ↑ "Shakespeare Garden" (en inglés).
- ↑ "Bethesda Terrace" (en inglés). Archived from the original on 10 de maio de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Central Park |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Central Park (en inglés)
- Páxina oficial do zoo do parque (en inglés)