Chengdu
Símbolo oficial | Hibiscus mutabilis (flor) Xinkgo (árbore) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | República Popular da China | ||||
Provincias da República Popular da China | Sichuan | ||||
Capital de | |||||
Capital | Wuhou District (en) | ||||
Contén a división administrativa | Chenghua District (en) Chongzhou (pt) Dayi County (en) Dujiangyan (pt) Jianyang (pt) Jinjiang District (en) Jinniu District (en) Jintang County (en) Longquanyi District (en) Pengzhou (en) Pidu District (en) Pujiang County (en) Qingbaijiang District (en) Qingyang District (en) Qionglai City (en) Shuangliu District (en) Wenjiang District (en) Wuhou District (en) Xindu District (en) Xinjin District (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.050.000 (2016) (768,54 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 14.378 km² | ||||
Altitude | 500 m | ||||
Creación | 311 a. C. | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Chengdu Municipal People's Congress (en) , | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 610000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 028 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | chengdu.gov.cn |
Chengdu (en chinés: 成都; pinyin: Chéngdū) é unha cidade da China, capital da provincia de Sichuan, na bacía do mesmo nome pertencente ao curso medio do río Yangtzé, no centro do país.
A beira dun dos seus afluentes, o río Min, que irriga a fértil chaira de Chengdu. A municipalidade, de 12.346 km², ten unha poboación de arredor de 16 millóns de persoas (2019), dos que 4 520 000 (1-1-2005) habitan a cidade propiamente.
Historia
[editar | editar a fonte]De fundación tan antiga coma a dinastía Zhou (1027-256 aC), coa trama en grella ortogonal típica do urbanismo chinés primixenio, foi sempre a principal capital desa rexión inda que periférica respecto as capitais imperiais.
Prestixioso centro manufactureiro de teas, brocados e lacados, asemade cultural coma conservador das esencias da ópera chinesa, converteuse dende a segunda guerra mundial nunha metrópole industrial e comercial. A historia urbana de Chengdu comeza cos primeiros habitantes da zona de Chengdu durante a Idade de Bronce, hai máis de catro mil anos. A inicios do século XXI é a capital da provincia Sichuan ao suroeste da República Popular da China.
Chengdu, berce de civilización
[editar | editar a fonte]Recentes descubrimentos arqueolóxicos demostran que a chaira de Chengdu, no noroeste da bacía de Sichuan, ten sido un berce da civilización chinesa. Inda que periférica respecto á central cultura han do río Amarelo, a desenvolvida polo pobo Shu nestas terras desenvolveuse en paralelo e acadou no tempo da dinastía Shang no enclave de Sanxingdui (1700-1200aC, 40 km ao NE de Chengdu) un esplendor abraiante. Herdeira desa civilización foi a de Jinsha (1200-600aC, no oeste da cidade [1]) que no tempo da dinastía Zhou semella teres sido a capital do reino ou estado de Shu. Seica outras capitais nas proximidades a sucederan canda súa decadencia ata que no 390 aC, o noveno Kaiming de Shu decidía trasladar a súa capital á situación actual e nomeala Chengdu ("converteuse en capital").
Chengdu Qin
[editar | editar a fonte]Despois da conquista do estado de Shu polo de Qin no 316 aC, o xeneral Zhang Yi a refixo segundo o modelo da capital Qin, Xianyang (trama reticular típica do urbanismo chinés primixenio), e fortificouna cunha muralla de 6 km de perímetro o que lle deu carta de natureza [2]. Tiña dúas partes diferenciadas: ao leste, Taicheng e a occidental, Shaocheng co complexo palacial e administrativo no centro.
En 256 aC, os Qin implementaron o Dujiangyan, ou sistema de irrigación da chaira de Chengdu a partir das augas do río Min (en principio para impedir as inundacións), que a converteron, polo seu fértil solo, nunha das máis prósperas zonas agrícolas do país ata hoxe en día. A auga foi levada ao través do sur da cidade dando lugar ao brazo coñecido coma Nanhe. O río Fu protexía o norte e leste ata unirse ao Nanhe [3].
Época de esplendor
[editar | editar a fonte]Esta estrutura urbana permaneceu case que intacta por 800 anos. Co derrubamento da dinastía Han (século III) converteuse en capital do reino Shu-Han e centro da produción de brocados. Mesmo foi construída unha cidade do brocado (Jinguancheng) na esquina suroccidental da cidade.
Coa unificación do imperio pola dinastía Sui Chengdu foi expandida polo fillo do emperador Wen e futuro emperador Yang el mesmo (arredor do ano 600) . Convértese nunha das maiores e máis prósperas cidades do imperio co que tamén acadou sona coma centro cultural. No tempo da dinastía Tang, os máis famosos poetas viviron nela (Li Bai e Du Fu), e desenvolveuse como foco da ópera chinesa.
Despois da caída dos Tang, volveu ser capital de reinos locais durante o século IX e ocasionalmente máis tarde.
Época moderna e contemporánea
[editar | editar a fonte]No tempo das dinastía Ming e Qing experimentou grandes transformacións, en especial un proxecto de reconstrución que ocupou case que todo o século XVIII (expansión oeste [4]) e levou a Chengdu a adquirir a fisionomía embrionaria da cidade moderna [5][6].
No século XIX, a pesar da chegada do ferrocarril, sufriu un certo letargo por mor das Guerras do Opio que favoreceron a Chongqing coma centro comercial de Sichuan.
Durante a segunda guerra mundial a cidade foi elixida como cuartel de refuxio do Kuonmintang de Chang Kai-Shek ata 1949. Deu pulo a Chengdu coma centro industrial e supuxo a posta en marcha de numerosas institucións educativas e culturais [7].
Co goberno comunista, e xa capital da provincia de Sichuan, seguiu a desenvolver as súas industrias e o seu prestixio na cultura ata o presente [8].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Páxina do Museo dos achados de Jinsha". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2008. Consultado o 21 de outubro de 2009.
- ↑ Planta antiga da Chengdu fortificada[Ligazón morta]
- ↑ [1][Ligazón morta]
- ↑ Mapa de Chengdu trala reconstrución do século XVIII
- ↑ Planta de Chengdu[Ligazón morta]
- ↑ Mapa de Chengdu na primeira metade do XIX[Ligazón morta]
- ↑ "Chengdu, 1969". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2013.
- ↑ "Chengdu, 2009". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chengdu |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en chinés)