Chupa Chups
Chupa Chups, S.A.U | |
---|---|
Logo de Chupa Chups | |
Tipo | Sociedade Anónima Unipersoal |
Fundación | 1958 Villamayor (Piloña), Asturias |
Matriz | Perfetti Van Melle |
Localización | Barcelona Cataluña |
Fundador | Enric Bernat |
Industria | Alimentación |
Produtos | caramelos |
Beneficio | 500 millóns de euros (2006) |
Número de empregados | 2000 (2006) |
Na rede | |
http://www.chupachups.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Chupa Chups é unha empresa catalá fundada polo confeiteiro catalán Enric Bernat en 1958[1] e adicada á fabricación de doces. En 2006, a compañía foi adquirida polo grupo italiano Perfetti Van Melle.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A idea do chupa-chups xurdiu cando Enric Bernat tentou deseñar un carambelo para os nenos de forma que estes o puideran comer sen mancharse as mans. Así, apareceu o primeiro chupa-chups, que consistía nunha bóla doce fixada a un pau de madeira. Anos despois substituiríase o pau de madeira por un de plástico. Os primeiros chupa-chups podían elixirse entre un total de sete sabores e custaban unha peseta[3].
Para buscarlle un nome ao seu produto, Enric Bernat contratou a unha axencia de publicidade, que lle suxeriu o nome Chups. Isto, xunto coa canción publicitaria para promocionar a lambetada ("chupa, chupa, chupa, chupa Chups!") deu lugar ao nome co que se designa hoxe en día[4].
Inicialmente a compañía contaba cunha fábrica en Asturias, Asturias S.A.. En 1967 inaugurou unha nova planta en Sant Esteve de Sesrovires (Barcelona) e ese mesmo ano decidiu establecer a súa primeira filial en Francia[3]. Coa intención de abrirse ao mercado internacional, a empresa encargou a Salvador Dalí deseñar un novo logo para o produto. Foi así como xurdiu o logo da margarida que hoxe é mundialmente coñecido. A publicidade inicial que apareceu co logo foi a frase "És rodó i dura molt, Chupa Chups" (É redondo e dura moito, Chupa Chups)[5].
Con máis de 100 sabores entre os que elixir, Chupa Chups factura ao ano 414 millóns de euros coa venda de 3.780 millóns de carambelos[6]. Entre os seus récords figura ser o primeiro caramelo con pau consumido no espazo (a bordo da estación espacial MIR).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Páxina web Chupa Chups (en castelán)
- ↑ "Páxina web Perfetti Van Melle" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2009.
- ↑ 3,0 3,1 "Páxina sobre a historia do chupa-chups". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2009. Consultado o 18 de xuño de 2009.
- ↑ Páxina web Chupa Chups Arquivado 02 de marzo de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ "Deseño de logo de Chupa Chups". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2008. Consultado o 19 de xuño de 2009.
- ↑ Datos de 2001