Saltar ao contido

Cidade de Belize

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCidade de Belize
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 17°29′55″N 88°11′19″O / 17.4986, -88.1886
EstadoBelize
DistritoDistrito de Belice Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación57.169 (2010) Editar o valor en Wikidata (1.602,85 hab./km²)
Xeografía
Superficie35,667 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Altitude0 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorPeter Wallace Editar o valor en Wikidata
Creación1638 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webbelizecitycouncil.org Editar o valor en Wikidata

A Cidade de Belize é a cidade máis grande de Belize. Ten unha poboación de 67.964 habitantes (80.000 contando os arralbaldes). Atópase na boca do río Belize, na cosa do mar Caribe. A cidade é tamén o principal porto do país e o seu centro industrial e financeiro.

En 1961 o furacán Hattie derruía a cidade, que se mantivo como a capital de Honduras Británica ata 1970 ao se converter Belmopán na nova sede do goberno.

A Cidade de Belize (orixinalmente "Vila de Belize" ou "Belize Town en inglés) fundárona a mediados do século XVII piratas e traficantes de escravos británicos. O lugar fora anteriormente unha vila maia chamada Holzuz, e os españois coñecíana como Puerto Valiz.

Belize era ideal para os británicos como centro da súa colonia, xa que atópabase na costa e na boca de ríos e regos dende onde embarcar a madeira de caoba e pau campeche. A poboación de Belize tamén se converteu no fogar de miles de escravos africanos mercados polos británicos para traballar na industria madeireira. Belize foi o punto de coordinación para a batalla do Illote de San Xurxo no 1798, gañada polos británicos evitando a invasión española da colonia. A cidade tamén foi do fogar dos tribunais locais e dos funcionarios do goberno ata a década de 1970.


Desastres naturais

[editar | editar a fonte]
Estragos do furacán de 1931

Belize mellorou as súas infraestruturas lentamente e foi obxecto de numerosos proxectos. Non obstante, moitas das rúas da época colonial son aínda demasiado estreitas e conxestionadas, a maioría das casas son susceptíbeis de sufrir incendios e danos provocados polos furacáns, polo que a cidade sempre está agardando que suceda algunha catástrofe.

A Cidade de Belize foi devastada por dous furacáns dende 1900: un en 1931 e outro, o furacán Hattie, en 1961. Ademais varias zonas da cidade sufriron incendios: en 1999 un incendio en Albert Street reduciu a cinzas Mikado, e outro en 2004 acabou co edificio Paslow. A cidade viuse afectada por outros incendios que queimaron grandes grupos de casas, aínda que o Departamento de Incendios foi capaz de apagar a maioría deles. A cidade tamén é susceptíbel de sufrir inundacións na estación chuviosa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Belize esténdese dende a Milla 8 na autoestrada do Oeste ata a Milla 13 ou Milla 14 da autoestrada do Norte, na ponte sobre o Haulever ou Haulever Bridge.

A cidade divídese en dúas zonas: o lado norte ou Northside, delimitada polo rego de Haulever ou Haulever Creek e chegando cara ao leste ata a zona de Fort George; e o lado sur ou Southside, que se estende cara ás aforas da cidade e a zona portuaria e inclúe o centro urbano. Politicamente, a cidade divídese en dez distritos electorais.

A zona de Fort George é, talvez, a zona máis colonial da cidade e nela atópanse o Memorial Park, a tumba do barón Bliss ou Baron Bliss Grave e o Museo de Belize.

Datos climáticos para Cidade de Belize
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 27 28 29 30 31 31 31 31 31 30 28 27 29,5
Media mínima en °C 19 21 22 23 24 24 24 24 23 22 20 20 22,2
Precipitación media mm 137 61 38 56 109 196 234 263 278 305 90 185 1 952
Fonte: BBC Weather[1]

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. "Average Conditions: Belize City, Belize". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2006. Consultado o 11 de agosto de 2014.