Cirurxián
En medicina, un cirurxián, feminino cirurxiá, é un especialista en cirurxía. É dicir un médico que é capaz de previr, diagnosticar e curar enfermidades exercendo a cirurxía.
A cirurxía é unha ampla categoría de tratamentos médicos invasivos que implican a abertura dun corpo, humano ou animal, para extraer un órgano enfermo ou para reparar algunha ruptura.
Os cirurxiáns poden ser médicos, dentistas ou veterinarios.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia da cirurxía.
Na Idade Media a medicina era practicada por diversos personaxes, un dos cales era cirurxián-barbeiro, o que brindaba, entre outras funcións, asistencia médica aos soldados feridos. Era, efectivamente, un barbeiro, pero ademais ofrecía a súa asistencia principalmente nas amputacións.
Existen dúas obras que, se ben son novelas históricas, ilustran o desenvolvemento da cirurxía e a anestesioloxía nos seus primeiros tempos (séculos XIX e principios do XX), chamadas O triunfo da cirurxía e O século da cirurxía, de Jürgen Thorwald.
Antes do descubrimento da anestesia e a asepsia, a cirurxía era un procedemento traumático e de último recurso, cunha taxa de morte altísima e reservado case exclusivamente aos procedementos de amputación.
Co descubrimento destas, a finais do século XIX, a cirurxía converteuse nun complicado coñecemento que exixiu a cualificación profesional en medicina.
Formación
[editar | editar a fonte]Actualmente en España o cirurxián debe ter o título de doutor en Medicina e Cirurxía e realizar polo menos unha especialización en cirurxía xeral (entre 4 e 5 anos, ademais da formación básica en medicina). Existe a posibilidade de que logo realice subespecializacións tales como:
- Cirurxía plástica: cirurxía reconstrutiva e cirurxía estética
- Cirurxía gastrointestinal
- Cirurxía de mamas
- Cirurxía oncolóxica
- Cirurxía de cabeza e colo
- Cirurxía cardíaca
- Cirurxía torácica
- Cirurxía vascular periférica
- Neurocirurxía
- Cirurxía ortopédica e traumatoloxía
- Uroloxía
- Cirurxía de transplantes
- Cirurxía pediátrica
- Cirurxía endócrina
Cirurxiáns pioneiros
[editar | editar a fonte]- Abul-Qasim Khakaf ibn al Abbas al Zahravi (médico hispano-árabe, máis coñecido como Abulcasis en occidente, considerado o pai da cirurxía moderna).[1]
- Sushruta (o primeiro do que está documentada unha operación de rinoplastia).[2][3]
- Charles Kelman (inventor da facoemulsificación, técnica moderna para a cirurxía das cataratas).
- William Stewart Halsted (iniciador das modernas residencias para o adestramento cirúrxicas nos Estados Unidos e pioneiro en moitos campos).
- Alfred Blalock (primeiro que, nos tempos modernos, fixo con éxito unha operación a corazón aberto, en 1944).
- Christiaan Barnard (cirurxián cardíaco surafricano que realizou o primeiro transplante de corazón).
- John Hunter (escocés, considerando como o pai da cirurxía moderna, que fixo centos de diseccións).
- Sir Victor Horsley (neurocirurxián).
- Lars Leksell (neurosurgery, inventor of radiosurgery)
- Joseph Lister (descubridor da sepsis cirúrxica. A bacteria Listeria monocytogenes e a listerina chámanse así na súa honra).
- Harvey Cushing (pioneiro, e considerado por moitos como o pai da neurocirurxía moderna).
- Valeri Shumakov (pioneiro dos implantes de órganos artificiais).
- Gazi Yasargil (neurocirurxián turco fundador da microneurocirurxía).
- Rene Favaloro (primeiro cirurxián que fixo un bypass nas arterias coronarias).
- Michael R. Harrison (pioneiro da cirurxía fetal).
- Fidel Pagés (pioneiro da anestesia epidural).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El primer gran cirujano; Abulcasis Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Haeger, Knut (1993): Historia de la cirugía. Editorial Raíces.
- ↑ Rana, R. E. & Arora, B. S. (2002): History of plastic surgery in India [1]. (en inglés)