Saltar ao contido

Clara Bow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClara Bow

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Clara Gordon Bow Editar o valor en Wikidata
29 de xullo de 1905 Editar o valor en Wikidata
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte27 de setembro de 1965 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
EducaciónBay Ridge High School (en) Traducir
Erasmus Hall High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1921 Editar o valor en Wikidata - 1933 Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeRex Bell (1931–1962) Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0001966 Allocine: 1739 Allmovie: p7702 32262 TV.com: people/clara-bow
BNE: XX1191379 WikiTree: Bow-169 Find a Grave: 119 Editar o valor en Wikidata

Clara Gordon Bow, nada en Brooklyn o 29 de xullo[1] de 1905 e finada en Culver City (California) o 27 de setembro de 1965, foi unha actriz estadounidense, coñecida polo seu traballo no cinema mudo nos anos vinte. Bow foi ademais o arquetipo de flapper e a it-girl orixinal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Bow naceu en Brooklyn, Nova York, no seo dunha familia disfuncional afectada por enfermidades mentais, pobreza e abuso emocional. Era a terceira filla da familia, pero as súas dúas irmás máis vellas morreran na infancia.[2] A súa nai, pensando que Clara tamén acabaría morrendo, non se molestou en facerlle un certificado de nacemento. A súa nai, Sarah Gordon, era unha prostituta ocasional que sufría epilepsia. O seu pai, Robert Bow, raramente facía acto de presenza e supostamente era un discapacitado psíquico. Adoitaba maltratar tanto a súa muller como a Clara e arguméntase que chegou a violar a esta cando tiña uns quince anos de idade, aínda que non hai ningunha fonte que o corrobore.

De pequena adoitaba xogar cos mozos na rúa, pois as nenas non querían xogar con ela por mor das súas roupas vellas e sucias.[3] Un amigo seu, Johnny, morreu queimado na súa presenza cando ela tiña dez anos. Anos despois, Bow foi capaz de chorar a vontade durante un filme lembrando este suceso.

En 1921, Clara gañou un concurso dunha revista de cine, que tiña como premio participar nun filme.[4] Mandara dúas fotos de ela mesma á revista, fotos que ela odiaba pero que impresionaron o xurado, que a seleccionou como gañadora. Así, foille concedido un pequeno papel en Beyond the Rainbow,[5] pero para desilusión de Clara todas as súas escenas foron suprimidas e só se engadiron de novo ao filme anos máis tarde.

Bow tamén tiña que lidar coa súa nai, que pensaba que actuar era para prostitutas, e mesmo chegou a ameazar de morte a súa propia filla.

Sarah Gordon morreu en 1923, cando a súa filla comezaba a abrirse camiño no cine.

A primeira aparición de Bow no cinema mudo foi no filme Down to the Sea in Ships, e a partir dese momento apareceu en multitude de papeis secundarios en filmes mudos. Bow decidiu entón probar fortuna en Hollywood, onde grazas ao produtor B. P. Schulberg conseguiu varios pequenos papeis polos que foi escollida unha das WAMPAS Baby Stars en 1924.

En canto fixo un pouco de diñeiro, levou o seu pai a vivir con ela en Hollywood, e tentou atoparlle un traballo, aínda que todos os seus proxectos fracasaron. O home dedicábase a emborracharse e tentar chamar a atención das mozas dicíndolles que era o pai de Clara Bow. A pesar de todo, Bow gozou de moi boa fama durante este período debido ao seu carácter amable e sempre humilde, agradecida pola oportunidade que se lle presentou.

En 1925, conseguiu o seu primeiro papel importante en The Plastic Age, que foi un grande éxito e a converteu da noite á mañá na estrela máis popular do momento. Ademais, comezou un romance co actor Gilbert Roland, co que chegou a saír ao mesmo tempo que co director Victor Fleming, que a contratou para Mantrap.

Retrato de Clara Bow.

En 1927, chegou á cima da súa popularidade con It. O filme deulle a Bow o seu alcume, "The 'It' Girl". Adoita dicirse que Dorothy Parker se refería a ela cando escribiu "iso, demo; ela tíñao",[6] mais Parker non se estaba a referir nin a Bow nin á personaxe de Bow no filme, senón a unha personaxe diferente, Ava Cleveland, na novela homónima.[7]

Esta imaxe foi ademais aguilloada pola prensa que seguía con ansiedade cada novo romance de Bow. Entre algúns dos seus amantes, dise que se atopaban Gary Cooper, John Gilbert, un mozo John Wayne e mesmo Béla Lugosi.[8]

En 1927, Bow protagonizou a película Wings, que gañou o primeiro Óscar da historia ao mellor filme.

A reputación de devoradora de homes, unida aos seus problemas coas drogas e o alcoholismo fixéronlle perder popularidade entre os seus compañeiros de traballo. Ademais, Clara comezou a queixarse da falta de profundidade das súas personaxes, xa que os estudios se limitaban a vestila en traxes exóticos para conseguir audiencia, sen preocuparse máis polo contido da personaxe. Isto, sumado á inestabilidade emocional froito de tantos sucesos horribles na súa infancia, comezou a minguar as forzas de Bow,[9] que ademais tivo que soportar a humillación de que os estudios Paramount cancelasen os seus filmes e lle reclamasen o diñeiro dos vestidos cos que quedase das rodaxes (mentres que outras actrices quedaban con eles sen máis), ademais de facerlle pagar as súas propias fotos publicitarias. O seu contrato incluíu tamén unha cláusula de moralidade ofrecéndolle un plus de 500 000 dólares se se portaba como unha dama en público e procuraba non saír nos tabloides.

Máis tarde, xa no cinema sonoro, Bow mantivo un discreto éxito nunca parecido ao doutros tempos, xa que o seu forte acento de Brooklyn embazaba a aura mística de muller fatal que se lle daba nos seus filmes, e acabou retirándose.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]
Cripta de Bow en Forest Lawn Memorial Park, Glendale. Aparece marcado erroneamente o ano de nacemento como 1907, aínda que naceu en 1905.

En 1932, Bow casou co actor Rex Bell,[10] con quen tivo dous fillos, Tony e George.

Apareceu no programa de radio Truth or Consequence en 1948, pero despois a súa única aparición pública foi no funeral do seu marido, en 1962.

Tras tentar suicidarse, diagnosticáronlle esquizofrenia en 1949 e foi sometida a duros tratamentos, incluíndo o electroshock.[11][12]

Pasou os seus últimos anos vivindo nunha casa modesta coa súa familia. Morreu o 27 de setembro de 1965 por mor dun ataque ao corazón. A autopsia revelou que sufría de aterosclerose, doenza cardíaca que puido comezar na súa adolescencia.[13] O seu corazón amosaba cicatrices dun ataque cardíaco previo que non fora detectado.[14] Está enterrada no cemiterio Forest Lawn Memorial Park en Glendale (California).

Pola súa contribución á industria do cinema, Clara Bow posúe unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Filme
Ano Título Personaxe Notas[15]
1922 Beyond the Rainbow Virginia Gardener
1922 Down to the Sea in Ships Dot Morgan
1923 Enemies of Women Moza bailando sobre unha mesa
1923 Daring Years, TheThe Daring Years Mary Filme perdido
1923 Maytime Alice Tremaine
1923 Black Oxen Janet Ogelthorpe
1924 Grit Orchid McGonigle Filme perdido
1924 Poisoned Paradise: The Forbidden Story of Monte Carlo Margot LeBlanc
1924 Daughters of Pleasure Lila Millas
1924 Wine Angela Warriner Filme perdido
1924 Empty Hearts Rosalie
1924 Helen's Babies Alice Mayton
1924 This Woman Aline Sturdevant Filme perdido
1924 Black Lightning Martha Larned
1925 Capital Punishment Delia Tate
1925 Adventurous Sex, TheThe Adventurous Sex The Girl Filme perdido
1925 Eve's Lover Rena D'Arcy Filme perdido
1925 Lawful Cheater, TheThe Lawful Cheater Molly Burns Filme perdido
1925 The Scarlet West Miriam Filme perdido (consérvase o tráiler)
1925 My Lady's Lips Lola Lombard
1925 Parisian Love Marie
1925 Kiss Me Again Grizette Filme perdido
1925 Keeper of the Bees, TheThe Keeper of the Bees Lolly Cameron Filme perdido (consérvase o tráiler)
1925 Primrose Path, TheThe Primrose Path Marilyn Merrill
1925 Free to Love Marie Anthony
1925 The Best Bad Man Peggy Swain
1925 Plastic Age, TheThe Plastic Age Cynthia Day
1925 The Ancient Mariner Doris Filme perdido
1925 My Lady of Whims Prudence Severn
1926 Shadow of the Law Mary Brophy Filme perdido
1926 Two Can Play Dorothy Hammis Filme perdido
1926 Dancing Mothers Kittens Westcourt
1926 Fascinating Youth Clara Bow Filme perdido
1926 The Runaway Cynthia Meade Filme perdido
1926 Mantrap Alverna
1926 Kid Boots Clara McCoy
1927 It Betty Lou Spence
1927 Children of Divorce Kitty Flanders
1927 Rough House Rosie Rosie O'Reilly Filme perdido (consérvase o tráiler)
1927 Wings Mary Preston
1927 Hula Hula Calhoun
1927 Get Your Man Nancy Worthington Filme parcialmente perdido
1928 Red Hair Bubbles McCoy Filme perdido (consérvanse fragmentos, incluído o único fotograma coñecido de Bow en cor)
1928 Ladies of the Mob Yvonne Filme perdido
1928 The Fleet's In Trixie Deane Filme perdido
1928 Three Weekends Gladys O'Brien Filme perdido (consérvanse fragmentos)
1929 Wild Party, TheThe Wild Party Stella Ames Primeiro filme sonoro de Bow
1929 Dangerous Curves Pat Delaney
1929 Saturday Night Kid, TheThe Saturday Night Kid Mayme Título alternativo: Love 'Em and Leave 'Em
1930 Paramount on Parade Ela mesma
1930 True to the Navy Ruby Nolan
1930 Love Among the Millionaires Pepper Whipple
1930 Her Wedding Night Norma Martin
1931 No Limit Helen "Bunny" O'Day
1931 Kick In Molly Hewes
1932 Call Her Savage Nasa Springer
1933 Hoop-La Lou
1949 Screen Snapshots 1860: Howdy, Podner Clara Bow – Resort Guest Curtametraxe
[editar | editar a fonte]
  1. Outras fontes citan o 25 de agosto
  2. Stenn (1988), p. 8
  3. Bow, Clara. St. Johns, Adela Rogers (ed.) "My life, by Clara Bow" Photoplay (febreiro, marzo e abril de 1928).
  4. Fort Wayne News 29 de abril de 1921.
  5. Stenn (1988) p. 287
  6. Clara Bow Peep, Snopes.com
  7. The New Yorker, 26 de novembro de 1927.
  8. "Bela Lugosi’s Clara Bow Nude Painting Sells For $30,000 At Auction"
  9. Stenn (1988) p. 231
  10. Morella and Epstein (1976), p. 259
  11. Stenn (19888) pp. 263, 266
  12. Morella and Epstein (1976), p. 276
  13. De Vane, Mattew S. Heart Smart, John Wiley and Sons, 2006. pp. 31–32
  14. Stenn (1988) p. 281
  15. "The Clara Bow Filmography Page; detailing the availability of many of her films". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2020. Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  16. Charyn, Jerome (2004). Gangsters and Gold Diggers: Old New York, the Jazz Age, and the Birth of Broadway. Da Capo Press. p. 222. ISBN 1-56025-643-5. 
  17. Lopez, Annemarie. "Berenice Bejo's silent movie role gets Oscar pundits talking" Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. The Week (3 de xaneiro de 2012)
  18. "Roberta Williams: The Storyteller Who Started It All". InterAction Magazine Issue 6: Fall 1989 (Sierra). Remember Colonel Mustard? Well, dijon is a mustard, so ours is Colonel Dijon. And Laura Bow is a play on Clara Bow. 
  19. "‘Babylon’: A Guide to the Characters and Their Real-Life Counterparts" (en inglés). 2022-12-23. Consultado o 2023-08-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]