Clasificación mundial da FIFA
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A clasificación mundial da FIFA (oficialmente Clasificación Mundial FIFA/Coca-Cola, tamén coñecido como ranking FIFA) é un sistema de clasificación das 208 seleccións de fútbol masculino pertencentes á FIFA, utilizado dende agosto de 1993. Esta clasificación baséase nos resultados dos partidos oficiais entre as distintas seleccións a través da entrega de puntos. O actual sistema considera os resultados do últimos oito anos, ponderando con maior valor os resultados máis recentes para reflectir de mellor forma a competitividade actual dos equipos e outras variables, como as características do rival, o lugar de realización do partido e o torneo en que foi disputado (por exemplo, asignándolle maior valor ás fases finais da Copa Mundial de Fútbol que a partidos amigables).
Aínda que esta clasificación é obxectiva ao utilizar fórmulas matemáticas, foi obxecto dun intenso debate, debido a que non reflicte realmente o poder de certos equipos e non considera a traxectoria e a historia das diferentes seleccións. Debido a isto, a FIFA decidiu utilizar un novo sistema, o cal rexe desde o 12 de xullo de 2006. Existen outras clasificacións baseadas en sistemas como, por exemplo, o sistema de puntuación Elo utilizado no xadrez. Dende o mes de xullo de 2010, o equipo que ocupa o primeiro posto da clasificación mundial é España.
Historia
[editar | editar a fonte]Clasificación FIFA
En agosto de 1992 a FIFA en conxunto ao seu auspiciador, Coca-Cola, introduciron un sistema de clasificación para as seleccións nacionais adultas masculinas co fin dunha comparación básica das forzas relativas entre os equipos. A través deste sistema, a FIFA realizou diversos cálculos (por exemplo, para a asignación das cabezas de serie no sorteo da Copa Mundial de Fútbol de 2006). Ao longo dos anos implementáronse diversos trocos para poder precisar o sistema de clasificación, principalmente en 1999 e 2006.
Trocos de 1999
[editar | editar a fonte]A clasificación orixinal entregaba a cada equipo, 1 punto por empate e 3 por vitoria, de igual forma ao que se utiliza tradicionalmente nos sistemas de ligas. Con todo, a FIFA recoñeceu posteriormente a existencia de diferentes factores que afectan os resultados dos partidos internacionais. Así, foi deseñado un novo sistema para poder recoñecer estes factores e ter unha mellor forma de comparar diversos equipos de diferentes confederacións. Os principais cambios foron:
- Os puntos foron escalados nun factor de 10.
- O método de cálculo dos puntajes foi modificado incluíndo os seguintes factores:
- Cantidade de goles a favor e en contra.
- Lugar do enfrontamento (local ou visita).
- Importancia do partido segundo competición.
- Forza rexional ou da confederación.
- Os puntos asignados por vitoria ou empate deixan de ser fixos.
- As derrotas poden entregar algúns puntos.
Xunto a isto creáronse dous títulos:
- Equipo do ano.
- Salto do ano.
Aínda que o sistema de clasificación volveuse máis complexo, os cambios axudaron a dar máis precisión.
Cambios de 2006
[editar | editar a fonte]A pesar dos cambios de 1999, o sistema foi amplamente criticado por non entregar unha clasificación correcta e xusta dos equipos. Para isto, FIFA debeu introducir un novo sistema que debutou o 12 de xullo de 2006, días despois do fin da Copa Mundial de Fútbol de 2006.
Entre os cambios máis importantes figuran o cambio do período de avaliación de oito a catro anos e a simplificación do método de cálculo, eliminando as consideracións de goles e localía. Tamén foi modificada a importancia atribuída aos tipos de encontros.[1]
Líderes
[editar | editar a fonte]Cando o sistema foi lanzado, Alemaña foi o primeiro líder debido ao seu longo éxito tras tres finais consecutivas da Copa Mundial incluíndo o título de 1990. Brasil e Italia alcanzaron o tope da clasificación durante algúns meses debido aos seus exitosos procesos clasificatorios para a Copa Mundial de Fútbol de 1994.
Alemaña recobraría o primeiro lugar durante un tempo ata que Brasil arrebatoullo ao alcanzar o título de 1994. Os suramericanos só serían excedidos pola selección de Francia, tras alcanzar a Copa Mundial de Fútbol de 1998 e a Eurocopa 2000. Brasil volvería ao sitial máximo tras gañar a Copa Mundial de Fútbol de 2002 e a Copa América 2004 e manteríao, a pesar de alcanzar soamente o 5º lugar en Alemaña 2006.
Durante os meses seguintes, o desempeño brasileiro permitiulles conservarse no primeiro posto. Con todo, tras resultados adversos durante xaneiro de 2007, foi desprazado por Italia na clasificación do mes seguinte. Desde ese momento, o liderado da clasificación entraría nunha etapa de constante inestabilidade: Italia mantivo un breve reinado por dous meses e en marzo de 2007, Arxentina obtivo por primeira vez o primeiro lugar. A vitoria brasileira na Copa América 2007 volvería a encumbrarlos na clasificación no mes de xuño. Italia, a Arxentina e o Brasil liderarían por curtos períodos de forma intermitente, ata que a Albiceleste alcanzou o dominio absoluto desde outubro de 2007.
En xullo de 2008 alcanzou o liderado a selección de fútbol de España tras lograr o título na Eurocopa 2008, e mantívoo un ano até que en xullo de 2009 perdeuno a mans do Brasil, que subiu ao primeiro posto tras gañar a Copa Confederacións 2009, na que España quedou en terceiro lugar. Brasil e España disputáronse o liderado nos meses seguintes camiño á Copa Mundial de Fútbol de 2010, na cal tras a vitoria española, confirmouse o liderado deste último equipo.
Selección | Período |
---|---|
Alemaña | Agosto de 1993 |
Brasil | Setembro e outubro de 1993 |
Italia | Novembro de 1993 |
Alemaña | Decembro de 1993 a marzo de 1994 |
Brasil | Abril a maio de 1994 |
Alemaña | Xuño de 1994 |
Brasil | Xullo de 1994 a abril de 2001 |
Francia | Maio de 2001 a maio de 2002 |
Brasil | Xuño de 2002 a xaneiro de 2007 |
Italia | Febreiro de 2007 |
Arxentina | Marzo de 2007 |
Italia | Abril de 2007 a xullo de 2007 |
Brasil | Xullo a setembro de 2007 |
Italia | Setembro a outubro de 2007 |
Arxentina | Outubro de 2007 a xullo de 2008 |
España | Xullo de 2008 a xullo de 2009]] |
Brasil | Xullo de 2009 a novembro de 2009 |
España | Novembro de 2009 a abril de 2010 |
Brasil | Abril de 2010 a xullo de 2010 |
España | Xullo de 2010 a xullo de 2011 |
Países Baixos | agosto de 2011 |
España | setembro de 2011 a xuño de 2014 |
Alemaña | xullo de 2014 a xuño de 2015 |
Arxentina | xullo de 2015 a outubro de 2015 |
Bélxica | novembro de 2015 a marzo de 2016 |
Arxentina | abril de 2016 a marzo de 2017 |
Brasil | abril de 2017 a xuño de 2017 |
Alemaña | xullo de 2017 |
Brasil | agosto de 2017 |
Alemaña | setembro de 2017 a xullo de 2018 |
Francia | agosto a setembro de 2018 |
Bélxica e | setembro a outubro de 2018 |
Bélxica | outubro de 2018 a febreiro de 2022 |
Brasil | dende marzo de 2022 |
Clasificación actual
[editar | editar a fonte]Resumo da clasificación masculina
[editar | editar a fonte]- Fonte: Clasificación Mundial FIFA Coca Cola masculinaArquivado 12 de xuño de 2018 en Wayback Machine.
Última actualización: 6 de outubro de 2022.
Próxima actualización: 22 de decembro de 2022.
Pos. | V | Selección | Confederación | Puntos |
---|---|---|---|---|
1 | Brasil | Conmebol | 1841.30 | |
2 | Bélxica | UEFA | 1816.71 | |
3 | Arxentina | Conmebol | 1773.88 | |
4 | Francia | UEFA | 1759.78 | |
5 | Inglaterra | UEFA | 1728.47 | |
6 | 1 | Italia | UEFA | 1726.14 |
7 | 1 | España | UEFA | 1715.22 |
8 | Países Baixos | UEFA | 1694.51 | |
9 | Portugal | UEFA | 1676.56 | |
10 | Dinamarca | UEFA | 1666.57 | |
11 | Alemaña | UEFA | 1650.21 | |
12 | 3 | Croacia | UEFA | 1645.64 |
13 | 1 | México | Concacaf | 1644.89 |
14 | 1 | Uruguai | Conmebol | 1638.71 |
15 | 1 | Suíza | UEFA | 1635.92 |
16 | 2 | Estados Unidos | Concacaf | 1627.48 |
17 | Colombia | Conmebol | 1611.04 | |
18 | Senegal | CAF | 1584.38 | |
19 | Gales | UEFA | 1569.82 | |
20 | 2 | Irán | AFC | 1564.61 |
Resumo da clasificación feminina
[editar | editar a fonte]- Fonte: Clasificación Mundial FIFA Coca Cola femeninaArquivado 05 de xullo de 2018 en Wayback Machine.
Última actualización: 13 de outubro de 2022.
Próxima actualización: 9 de decembro de 2022.
Pos. | V | Selección | Confederación | Puntos |
---|---|---|---|---|
1 | Estados Unidos | CONCACAF | 2086.48 | |
2 | 1 | Suecia | UEFA | 2066.30 |
3 | 1 | Alemaña | UEFA | 2064.75 |
4 | Inglaterra | UEFA | 2051.61 | |
5 | Francia | UEFA | 2023.09 | |
6 | 2 | España | UEFA | 1997.74 |
7 | Canadá | CONCACAF | 1997.31 | |
8 | 2 | Países Baixos | UEFA | 1994.69 |
9 | Brasil | CONMEBOL | 1989.98 | |
10 | Corea do Norte | AFC | 1940 | |
11 | Xapón | AFC | 1918.16 | |
12 | 1 | Noruega | UEFA | 1910.78 |
13 | 1 | Australia | AFC | 1903.10 |
14 | 1 | Italia | UEFA | 1865.09 |
15 | 1 | China | AFC | 1862.87 |
16 | 2 | Islandia | UEFA | 1850.91 |
17 | 1 | Corea do Sur | AFC | 1849.16 |
18 | 1 | Dinamarca | UEFA | 1847.17 |
19 | 1 | Austria | UEFA | 1793.68 |
20 | 1 | Bélxica | UEFA | 1791.37 |
Críticas
[editar | editar a fonte]Dende a súa introdución en 1993, a clasificación da FIFA foi intenso obxecto de debate, particularmente os procedementos para calcular o posto dunha selección e a disparidade entre a calidade aparente e a posición dalgunhas seleccións.[2] Por exemplo, Noruega alcanzou o segundo lugar en outubro de 1993 e en xullo de 1995, e os Estados Unidos chegáronos ao cuarto posto da clasificación para sorpresa dos propios xogadores.[3]
Unha mostra da disparidade entre a calidade efectiva das seleccións e a clasificación oficial foi durante a Copa Mundial de Fútbol de 2006. Equipos como Chequia e os Estados Unidos (situados nos lugares 2º e 5º, respectivamente) non pasaron a segunda rolda, mentres equipos como Alemaña (no lugar 19º) chegou até as semifinais.
Un dos argumentos da crítica é que o sistema de clasificación só ten en conta o desempeño dos equipos sobre un período de oito anos e que o desempeño dos equipos non ten correlación coa clasificación. Tamén se argumenta que en confederacións de menor calidade en xeral (como a AFC e a Concacaf), as súas seleccións ven sobrevaloradas, mentres que os equipos de confederacións máis competitivas (como a UEFA e a Conmebol) son desprazados a lugares menores.[3]
Os fallos no ordenamento levaron á elaboración de sistemas alternativos de clasificación como o Sistema de puntuación Elo e o sistema RSSSF.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A nova Clasificación Mundial FIFA/Coca-Cola". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2007. Consultado o 19 de xullo de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 The World Rankings riddle
- ↑ 3,0 3,1 FIFA adapting new world rankings
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Clasificación actualizada en FIFA.comArquivado 03 de novembro de 2015 en Wayback Machine.
- Métodos de cálculo da clasificación Arquivado 18 de abril de 2020 en Wayback Machine.