Saltar ao contido

Cliff Curtis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCliff Curtis

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Clifford Vivian Devon Curtis Editar o valor en Wikidata
27 de xullo de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Rotorua, Nova Zelandia Editar o valor en Wikidata
EducaciónToi Whakaari - Dilpomatura en Drama Profesional
Western Heights High School (en) Traducir
John Paul College, Rotorua (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, produtor de cinema, actor de cinema, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1991 Editar o valor en Wikidata -

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0193295 Allocine: 22533 Allmovie: p195626 TCM: 42438 TV.com: people/cliff-curtis Editar o valor en Wikidata

Clifford Vivian Devon Curtis nado o 27 de xullo de 1968 en Rotorua, na Illa Norte de Nova Zelandia, é un actor neozelandés de etnia maorí.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a actuar en producións de teatro nos musicais Fiddler on the Roof e The Man of La Mancha antes de ir á The New Zealand Drama School e ó Teatro Dimitri Scoula en Suíza. Traballou en varias empresas de teatro neozelandesas, incluíndo Mercury Theatre, e Centre Point.

O seu primeiro papel no cinema foi no filme nomeado ó Premio Oscar, The Piano. Outros notábeis papeis no cine neozelandés foron Once Were Warriors, Desperate Remedies, River Queen e Whale Rider.

Dende entón, apareceu en filmes como Blow, Bringing Out the Dead, Sunshine, e Push, en 2009.

En 2004, xunto co produtor Ainsley Gardiner, formou a produtora de cine independente Whenua Films. Os obxectivos da empresa son apoiar o crecemento dos actores indíxenas neozelandeses, e ser solidario cos cineastas locais de curtametraxes.

No filme de M. Night Shyamalan, The Last Airbender, estreado en 2010, interpretou o Señor do Lume Ozai.

Filmografía

[editar | editar a fonte]