Saltar ao contido

Congro bicudo dentón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Congro bicudo dentón
Muraenesox cinereus

Muraenesox cinereus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Elopomorpha
Orde: Anguilliformes
Suborde: Congroidei
Familia: Muraenesocidae
Xénero: Muraenesox
Especie: M. cinereus
Nome binomial
Muraenesox cinereus
(Forsskål, 1775) [1]
Sinonimia

Referencia:[2]

  • Muraena arabicus Bloch & Schneider, 1801
  • Muraena cinerea Forsskål, 1775
  • Muraenesox arabicus (Bloch & Schneider, 1801)
  • Muraenesox cinerius (Forsskål, 1775) [3]
  • Muraenosox cinereus (Forsskål, 1775) [3]
Hamo (congro bicudo dentón) con umeboshi.
Palitos de cangrexo, sucedáneo de carne de cangrexo feita con surimi.

O congro bicudo dentón,[4] Muraenesox cinereus (Forsskål, 1775), é unha especie de peixe angüiliforme da familia dos murenesócidos.[5]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1775 polo científico fino-sueco Peter Forsskål como Muraena cinerea e, máis tarde, separada do xénero Muraena e reclasificada en Muraenesox.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

De corpo serpentiforme, típico dos cóngridos, alcanza usualmente de 80 a 150 cm de lonxitude, pero pode alcanzar até un máximo de 2,20 m. A súa cabeza é grande, cun fociño longo. A boca é moi grande, con dentes xeralmente grandes e rechamantes (de aí o nome vulgar). Os ollos son grandes, cun diámetro de 2 a 2,5 veces máis longo que o fociño. As fosas nasais posteriores están moito máis cerca dos ollos que as narinas anteriores. A coloración do dorso é gris (semellante á do congro) que se vai aclarando nos flancos e abrancazada na rexión ventral.[5]

Hábitat e distribucíón

[editar | editar a fonte]

Vive en fondos brandos (areosos e lamacentos) desde a zona litoral á rexión superior bentónica até unha profundidade duns 100 m. Tamén se encontra en estuarios e, ás veces, penetra en ambientes de auga doce. Distribúese polo mar Vermello, as costas do norte do océano Índico (golfo Pérsico, a India e Sri Lanka) e do Pacífico oriental, desde Indochina polo sur até Corea e o Xapón polo norte, chegando, polo sur, até o norte de Australia. Tamén colonizou o Mediterráneo a través do Canal de Suez.[5]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntase de pequenos peixes e crustáceos bentónicos.[5]

O congro bicudo dentón é unha especie comercial importante, pescándose activamente nas costas do Índico oriental, Pacífico nororiental, centrooriental e central (Fidxi e Tuvalu).[4].

As súas capturas anuais chegan a unhas 350.000 toneladas nos últimos anos. Os países que desembarcan maior tonelaxe son China e Taiwán.[6]

Comercialízase sobre todo en fresco, e tamén se utiliza como carnada para a pesca de tiburóns.
Así mesmo utilízase tamén na medicina tradicional chinesa.[5]

Usos culinarios

[editar | editar a fonte]

Este congro é un alimento tradicional na cociña xaponesa, onde se coñece como hamo (ハモ, 鱧).[7]

A súa carne tamén se usa como un dos ingrediemtes dos palitos de cangrexo ou palitos de Alasca.

  1. Muraenesox cinereus (Forsskål, 1775) no SIIT.
  2. 2,0 2,1 Muraenesox cinereus (Forsskål, 1775) no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 Nome científico latino incorrecto gramaticalmente.
  4. 4,0 4,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 103,
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2012): Muraenesox cinereus (Forsskål, 1775) en FishBase (en inglés).
  6. "Muraenesox cinereus (Forsskal, 1775)" en: Species Fact Sheets. FAO Fisheries and Aquaculture Department, 2012.
  7. Davidson, Alan (2003). Seafood of South-East Asia: a comprehensive guide with recipes. Ten Speed Press. p. 34. ISBN 1-58008-452-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Masuda, H., K. Amaoka, C. Araga, T. Uyeno & T. Yoshino (Eds.) (1984): The fishes of the Japanese Archipelago. Vol. 1. Tokai University Press, Tokyo, Japan. 437 p. (text). ISBN 4-486-05054-1.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]