Constanza de Arles
Nome orixinal | (fr) Constance d'Arles |
---|---|
Biografía | |
Morte | valor descoñecido Melun, Francia |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
Actividade | |
Ocupación | raíña consorte |
Outro | |
Título | Raíña |
Cónxuxe | Roberto II de Francia (1003 (Gregoriano)–) |
Fillos | Hedwig of France, Countess of Nevers, Hugo II de Francia, Henrique I de Francia, Adela de França, Roberto I de Borgoña, Eudes de France |
Pais | Guilherme I, Conde da Provença e Adelaide-Blanche of Anjou |
Irmáns | Ermengarde, Countess of Auvergne William III, Count of Toulouse Guillerme II da Provenza Pons de Gévaudan Étienne de Gévaudan |
Constanza de Arles ou da Provenza, nada en 986 e finada en Melun en 1032, foi infanta da Provenza e raíña consorte de Francia (1003 - 1031).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Filla do conde Guillerme I da Provenza e da súa muller Adelaida de Anjou.
Matrimonios e descendentes
[editar | editar a fonte]Casou con Roberto II de Francia en 1003 e converteuse na súa terceira esposa. Desta unión naceron:
- Advisa de Auxerre (1003 - 1063, condesa de Auxerre e casada en 1015 con Reinaldo I de Nevers.
- Hugo II de Francia (1007 - 1026), rei de Francia.
- Henrique I de Francia (1008 - 1060), rei de Francia.
- Roberto I de Borgoña (1011 - 1076), duque de Borgoña e conde de Auxerre.
- Eudes de Francia (1013 -?), Enfermo mental.
- Adela de Francia (1009 - 1079), prometida en 1027 a Ricardo III de Normandía e casada en 1028 con Balduíno IV de Flandres.
- Constanza de Francia.
Terceiro matrimonio de Roberto II
[editar | editar a fonte]Constanza de Arles converteuse na terceira esposa do rei francés despois de que este repudiase as dúas anteriores. En canto á primeira, Susana de Italia, fora un enlace preparado polo pai de Roberto, Hugo Capeto, con fins políticos. A segunda, Berta de Borgoña, converteuse no grande amor do rei, pero dous feitos fixeron que a repudiase: a excomuñón que lle fixo a Santa Sé por mor do alto grao de parentesco entre os dous esposos e pola esterilidade de Berta, que xa era maior cando casou con Roberto II.
Constanza de Arles non foi ben acollida na corte francesa debido ás súas intrigas e crueldades; así, fixo varias acusacións de herexía contra diversos nobres da Corte.
Á morte do rei Roberto II, Constanza tentou en van facer rei ao seu fillo Roberto I de Borgoña ao trono en detrimento de Henrique I. Finalmente obtivo para o seu amado fillo o ducado de Borgoña.
Constanza de Arles morreu en Melun o 25 de xullo de 1032, un ano despois do seu marido, e foi enterrada na catedral de Saint-Denis.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Constanza de Arles |