Conyza canadensis
Erígero del Canadá | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Conyza canadensis (sinónimo Erigerum canadensis), é unha especie de planta con flor, herbácea da familia Asteraceae, nativa de Norteamérica, aínda que xa está estendida polos cinco continentes. En Galicia está catalogada como especie invasora.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha planta herbácea anual que mide 3-18 dm de altura. O seu talo é fráxil e de cor verde, acanalado e erecto moi ramificado, con follas lanceoladas e agudas. As inflorescencias agrupadas en acios de capítulos florais numerosos e hemisféricos, formando unha panícula compacta e alargada.
Propiedades
[editar | editar a fonte]- Polos seus taninos é adstrinxente e antidiarréico.
- Utilizado como diurético ao estimular a secreción de ácido úrico contra a gota e o reuma.
- Tamén usado en cistitis e arrefriados.
- O talo seco pódese utilizar como vara para facer lume de fricción. É útil para problemas gastrointestinais, evita hemorraxias gástricas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Conyza canadensis foi descrita por (L.) Cronquist e publicada en Bulletin of the Torrey Botanical Club 70(6): 632. 1943.[2]
- Etimoloxía
Conyza: nome xenérico que deriva do grego konops = "pulga", ou konis = "po", referíndose ao po da planta seca que se utiliza para repeler insectos non desexados.
canadensis: epíteto xeográfico que alude á súa localización no Canadá.[3]
- Sinonimia
- Aster canadensis (L.) E.H.L. Krause
- Caenotus canadensis (L.) Raf.
- Caenotus pusillus (Nutt.) Raf.
- Conyza canadensis var. glabrata (A. Gray) Cronquist
- Conyzella canadensis (L.) Rupr.
- Erigeron canadense var. pusillus (Nutt.) B.Boivin
- Erigeron canadensis L.
- Erigeron canadensis f. coloratus Fassett
- Erigeron canadensis var. glabratus A.Gray
- Erigeron canadensis var. grandiflorus Schwein.
- Erigeron canadensis var. levis Makino
- Erigeron canadensis var. strictus Farw.
- Erigeron myriocephalus Rech.f. & Edelb.
- Erigeron setiferus Post ex Boiss.
- Erigeron strictus DC.
- Leptilon canadense (L.) Britton & A.Br.
- Leptilon pusillum (Nutt.) Britton
- Marsea canadensis (L.) V.M.Badillo
- Senecio ciliatus Walter
- Trimorpha canadensis (L.) Lindm.
- Erigeron pusillus Nutt. [1818]
- Tessenia canadensis (L.) Bubani [1899]
- Inula canadensis (L.) Bernh. [1800]
- Erigeron ruderalis Salisb. [1796]
- Erigeron paniculatus Lam. [1779]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023]
- ↑ "Conyza canadensis". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ En Nombre Botánicos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://www.tela-botanica.org/eflore/BDNFF/4.02/nn/18836/synonymieArquivado 03 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- Marestail Reference ITIS Report: Conyza canadensis
- Germplasm Resources Information Network: Conyza canadensis