Saltar ao contido

Cornplanter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCornplanter

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1732 Editar o valor en Wikidata
Rio Genesee, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte18 de febreiro de 1836 Editar o valor en Wikidata (103/104 anos)
Cornplanter Tract, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCorydon Township (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xefe tribal Pobo seneca
valor descoñecido – – Edward Cornplanter (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo seneca Editar o valor en Wikidata
RelixiónLonghouse Religion (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosEdward Cornplanter Editar o valor en Wikidata
PaisJohannes "John" Abeel, II Editar o valor en Wikidata  e Aliquipiso, of the Turtle Clan of the Senecca Nation Editar o valor en Wikidata
IrmánsHandsome Lake Editar o valor en Wikidata
ParentesGuyasuta, tío
Governor Blacksnake, sobriño
Jesse J. Cornplanter, descendente Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
5 de novembro de 1768Treaty of Fort Stanwix (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Cornplanter)
The New Student's Reference Work (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Abeel-5

John Abeel III, nado entre 1732 e 1746, e finado o 18 de febreiro de 1836,[1] tamén coñecido como Gaiänt'wakê (Gyantwachia - ″o plantador″) ou Kaiiontwa'kon (Kaintwakon) en lingua seneca ou Cornplanter, foi un líder de guerra e diplomático seneca do clan do lobo. Como xefe militar, Cornplanter loitou na guerra franco-india e na guerra de Independencia dos Estados Unidos de América. En ámbalas dúas, os seneca e outras tres nacións iroquesas foron aliados dos británicos. Despois da guerra, Cornplanter liderou as negociacións cos Estados Unidos e asinou o tratado de Fort Stanwix (1784). Axudou a que os iroqueses se mantivesen neutrais durante a guerra indíxena do noroeste.

Despois da guerra, Cornplanter traballou para aprender máis sobre os xeitos europeos-americanos e convidou a quakers a estabelecer escolas en territorio seneca. Desilusionado pola pobre reacción do seu pobo perante a sociedade europea-americana, pechou as escolas e axudou ó movemento do seu medio irmán Handsome Lake de regresar á forma de vida e relixión tradicionais dos seneca. O goberno dos Estados Unidos garantiulle 1500 acres do antigo territorio seneca en Pensilvania en 1796 para "el e os seus herdeiros para sempre", o cal foi coñecido como o Trato Cornplanter.

Aínda ocupado polos seus descendentes e acollendo moitas das súas tumbas, o tratado foi planeado polo goberno federal para ser inundado como o sitio dun depósito artificial despois de 1965 logo de rematar encoro Kinzua no río Allegheny. Os restos de Cornplanter, os seus descendentes e un monumento de 1866 foron trasladados. Moitos dos residentes restantes foron obrigados a trasladarse á reserva india de Allegany da Nación Seneca de Nova York; deste xeito perderon a maioría das súas terras fértiles.

  1. Abler, Thomas S. Cornplanter: Chief Warrior of the Allegany Senecas (The Iroquois and Their Neighbors). N.p.: n.p., n.d. Print.