Cristina Fernández Cubas
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1945 (78/79 anos) Arenys de Mar, España |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Período de actividade | 1980 - |
Participou en | |
20 de xuño de 1998 | For a new model of Catalonia (en) |
30 de abril de 1997 | Documento sobre o uso das linguas oficiais de Cataluña |
Familia | |
Cónxuxe | Carlos Trías Sagnier |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Cristina Fernández Cubas, nada en Arenys de Mar (provincia de Barcelona) en 1945, é unha escritora e xornalista española, unha das máis destacadas cultivadoras do relato breve na literatura española das décadas de 1990 e 2000.
Biografía e traxectoria literaria
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito en Barcelona, e Xornalismo en Madrid, profesión esta última que exerceu desde moi nova.[1] Casada co escritor Carlos Trías Sagnier. Residiu, entre outras cidades, no Cairo, Lima, Buenos Aires, París e Berlín.[2]
Publicou o seu primeiro volume de contos, Mi hermana Elba, en 1980, ao que lle seguiron outros: Los altillos de Brumal (1983), El ángulo del horror (1990), Con Ágatha en Istambul (1994), Parientes pobres del diablo (2006), 'Todos los cuentos (2009).[3][4]
É tamén autora de novelas —El año de Gracia e El columpio—, unha obra de teatro —Hermanas de sangre— e un libro de memorias narradas, Cosas que ya no existen (2001), recuperado en 2011 por Tusquets Editores. A súa novela El año de Gracia inspirou o compositor Albert Sardá a ópera do mesmo nome, estreada en Alacant en setembro de 1992 no VII Festival de Música Contemporánea, dirixida por Joan Lluis Bozzo.
En 2013 decidiu utilizar o pseudónimo de Fernanda Kubbs para a súa novela La puerta entreabierta, sobre unha xornalista escéptica que ao visitar unha vidente sofre unha transformación inesperada.[5]
Fernández Cubas válese dos modelos da narración fantástica para enfrontar os seus personaxes -principalmente femininos- a unhas atmosferas inquietantes, plenas de suxestións, un xogo no que o lector é parte activa do desciframento das claves e dos silencios, do desvelamento das razóns últimas das psicoloxías e condutas.
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio NH Hoteles para Cuentos (2001), por Cosas que ya no existen.
- Premio Setenil (2006), por Parientes pobres del diablo
- Premi Ciutat de Barcelona (2009), por Todos los cuentos
- Premio Salambó (2009), por Todos los cuentos
- Premio Qwerty (2009), por Todos los cuentos
- Premio Tormenta (2009), por Todos los cuentos
- Premio da Crítica (2015), por La habitación de Nona
- Premio Nacional de Narrativa de España (2016), por La habitación de Nona
- Premio Nacional das Letras Españolas (2023)
Obra
[editar | editar a fonte]A súa obra está traducida a dez idiomas.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Mi hermana Elba, contos, Barcelona, Tusquets Editores, 1980
- Los altillos de Brumal, contos, Barcelona, Tusquets Editores, 1983
- El año de Gracia, novela, Barcelona, Tusquets Editores, 1985
- Cris y Cros, seguido de El vendedor de sombras, Madrid, Editorial Alfaguara, 1988
- El ángulo del horror, contos, Barcelona, Tusquets Editores, 1990
- Con Ágatha en Estambul, contos, Barcelona, Tusquets Editores, 1994
- El columpio, Barcelona, novela, Tusquets Editores, 1995
- Parientes pobres del diablo, contos, Barcelona, Tusquets Editores 2006
- Todos los cuentos (inclúe os relatos dos cinco anteriores contarios), Barcelona, Tusquets Editores, 2008
- La habitación de Nona, contos, Barcelona, Tusquets Editores, 2015
- como Fernanda Kubbs
- La puerta entreabierta, novela, Barcelona, Tusquets Editores, 2013
- Antoloxías
- Aquelarre. Antología del cuento de terror español actual (relato «Salto de página», 2010)
Teatro
[editar | editar a fonte]- Hermanas de sangre, Barcelona, Tusquets Editores, 1998
Biografía
[editar | editar a fonte]- Emilia Pardo Bazán, Barcelona, Editorial Omega, 2001
Memorias
[editar | editar a fonte]- Cosas que ya no existen, Barcelona, Lumen 2001, Tusquets Editores 2011
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Cuando escribo me gusta inquietarme"".
- ↑ "Cristina Fernández Cubas". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ "III Premio Setenil 2006". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2013. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ Literaturas
- ↑ Sergi Foria