Cunca do Polo Norte (Marte)
Cunca do Polo Norte (Marte) | |
---|---|
Vista das planicies da Cunca do Polo Norte marciano , fotografía tomada pola sonda da NASA Phoenix no ano 2008. Pódense apreciar as placas poligonais producidas pola crioturbación no permafrost marciano. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Posible cunca de impacto |
Rexión de | Marte |
Dimensións | 10.600 km x 8.500 km dimensións do posible cráter elíptico[1] |
Altitude | 4–5 km por debaixo do datum marciano.[2] |
Coordenadas | 67° N 208° E coord. do posible impacto[1] |
A Cunca do Polo Norte, ou a Cunca Boreal, é unha gran cunca ou planicie de baixa altitude que está situada no hemisferio norte marciano, e que cobre case o 40% do planeta. Chryse Planitia, o lugar de aterraxe da Viking 1, sería unha baía que se abre cara está cunca.
Unha das posibles explicacións da baixa altitude, do relevo case plano desta cunca, e da falta de cráteres é que esta cunca tivo a súa orixe a través dun grande impacto dun meteorito. Dúas hipóteses compiten por dar unha posible resposta á orixe por colisión desta cunca: a primeira sería o resultado dun impacto a baixa velocidade (6 – 10 km/s), cun ángulo oblicuo e un diámetro duns 1.600 - 2.700 km;[3][4] a segunda hipótese extraída dos datos topográficos proporcionados pola Mars Global Surveyor e que coincide cos modelos que suxiren a formación dun cráter cunhas dimensións de 10.600 km por 8.500 km, o impacto estaría centrado nas coordenadas 67° N 208° E, parte do cráter sería recuberto polas erupcións que crearon a rexión do Tharsis. Existen tamén evidencias dun segundo posible cráter/impacto.[1][5] Está última hipótese, faría desta cunca e por moito, o cráter de impacto máis grande do Sistema Solar, aproximadamente con catro veces máis diámetro cá Cunca Aitken (na Lúa) ou que Hellas Planitia no hemisferio sur de Marte.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Zuber, MT; Banerdt, WB; (2008). "The Borealis basin and the origin of the Martian crustal dichotomy". Nature 453 (7199): 1212–1215. Bibcode:2008Natur.453.1212A. PMID 18580944. doi:10.1038/nature07011.
- ↑ "Mapa detallado do cuadrante MC-01 Mare Borearum" (PDF). Consultado o 31-03-2012.
- ↑ Marinova e o seu equipo; Aharonson, O; Asphaug, E; (2008). "Mega-impact formation of the Mars hemispheric dichotomy". Nature 453 (7199): 1216–1219. Bibcode:2008Natur.453.1216M. PMID 18580945. doi:10.1038/nature07070.
- ↑ Hart, SD; Korycansky, DG; Agnor, CB; (2008). "Implications of an impact origin for the Martian hemispheric dichotomy". Nature 453 (7199): 1220–1223. Bibcode:2008Natur.453.1220N. PMID 18580946. doi:10.1038/nature07025.
- ↑ Space.com (ed.). "Huge Impact Created Mars' Split Personality". Consultado o 01-04-2012.
- ↑ Chandler, David (25-06-2008). MIT News, ed. "Solar system's biggest impact scar discovered: MIT scientists solve riddle of Mars' two-faced nature". Arquivado dende o orixinal o 26-03-2009. Consultado o 15-04-2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Outflow Channels May Make a Case for a Bygone Ocean on Mars", Planetary Science Research Discoveries
- Mapa coas fronteiras das rexións de Marte
- Mapa topográfico de Marte, con nomenclatura detallada das rexións de Marte (en inglés)
- Mapa detallado do cuadrante MC-01 Mare Borearum
- Páxina coas ligazóns ós mapas dos cuadrantes de Marte