Curaçao
Curaçao (nl) Kòrsou (pap) | |||||
Himno | Himno di Kòrsou (en) (26 de xullo de 1978) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
Capital | Willemstad | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 152.849 (2023) (344,25 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa Papiamento lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 444 km² | ||||
Altitude | 39 m | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1954 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | democracia parlamentaria | ||||
• Rei | Guillerme Alexandre de Orange-Nassau | ||||
• Prime Minister of Curaçao (en) | Ivar Asjes (pt) (2013–2015) Gilmar Pisas (pt) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Curaçao (en) , (Escano: 21) | ||||
Membro de | Organización Meteorolóxica Mundial (1951–) Organização Mundial das Alfândegas (pt) (1988–) UNESCO (2011–) Interpol (2011–) | ||||
PIB nominal | 2.699.612.458 $ (2021) | ||||
Moeda | Florín das Antillas Neerlandesas | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .cw | ||||
Prefixo telefónico | +5999 | ||||
Teléfono de emerxencia | 911 | ||||
Código de país | CW | ||||
ISO 3166-2 | NL-CW | ||||
Sitio web | curacao.com |
Curaçao (/ˈkjʊərəsoʊ, -saʊ, ˌkjʊərəˈsoʊ, -ˈsaʊ/, [1] Holandés: [kyːraːˈsʌu, kuːr-] ( );[2] papiamento: Kòrsou), oficialmente o País de Curaçao (neerlandés: Land Curaçao;[3] papiamento: Pais Kòrsou),[4][5] é un país insular nas Antillas Menores no sur do mar Caribe e a rexión do Caribe Holandés, a uns 65 km. ao norte da costa de Venezuela. É un país constituínte do Reino dos Países Baixos.[6] Xunto con Aruba e Bonaire, forma as illas ABC. Colectivamente, Curazao, Aruba e outras illas holandesas do Caribe chámanse a miúdo o Caribe holandés.
Curazao formou parte antigamente da colonia de Curaçao e Dependencias de 1815 a 1954 e máis tarde das Antillas Holandesas de 1954 a 2010, como Territorio Illa de Curazao (neerlandés: Eilandgebied Curaçao] , papiamento: Teritorio Insular di Kòrsou),[7] e agora denomínase formalmente País de Curaçao.[5] Inclúe a illa principal de Curaçao e a moito máis pequena illa deshabitada de Klein Curaçao ("Pequena Curazao").[5] Curazao ten unha poboación de 158.665 habitantes (est. de xaneiro de 2019), cunha área de 444 km2 (171 sq mi); a súa capital é Willemstad.[5]
Antes do 10 de outubro de 2010, cando se disolveron as Antillas Neerlandesas, Curaçao administrouse como o territorio insular de Curaçao[8] (holandés: Eilandgebied Curaçao, papiamento: teritorio Insular dei Kòrsou), un dos cinco territorios insulares das antigas Antillas Holandesas.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Existen distintas versións sobre a orixe do nome Curaçao. Unha delas afirma que cando os portugueses chegaron á illa, viron que os mariñeiros que padecían escorbuto se curaron tras desembarcar, seguramente grazas á gran cantidade de froitas que consumiron. Por iso, bautizaron a illa como Ilha dá Curação' («Illa da Curación»). Trala conquista neerlandesa o nome quedou finalmente como Curaçao.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada no sur do mar Caribe, a uns 50 km da costa occidental de Venezuela, e pertence ao grupo das illas de Sotavento, xunto coas súas illas veciñas de Aruba e Bonaire. O seu clima é do tipo semi-árido tropical. A máxima elevación é o Christoffelberg (Monte Cristóbal) con 374 m. de altura e situado no noroeste da illa.
A cidade de Willemstad é o porto principal e capital da illa. A súa area histórica, centro da cidade e porto, declarouna a UNESCO Patrimonio Mundial da Humanidade no ano 1997. Alí atópase, entre outros, a sinagoga (Mikvé Israel-Emanuel) que é a máis antiga do continente americano en continuo funcionamento (1651).
Como país membro dos Países Baixos forma parte da Unión Europea. Nela aséntanse as principais instalacións navais da Mariña Real dos Países Baixos no mar Caribe, e dá soporte loxístico aos membros da OTAN na rexión. Adicionalmente, no seu territorio está en funcionamento desde o ano 1999 unha Base de Operacións de Avanzada do Comando Sur dos Estados Unidos, destinada principalmente á loita contra o narcotráfico.
É famosa polo chamado Licor de Curaçao que se fabrica coa cortiza das laranxas da illa, e por celebrar un dos Entroidos máis coñecidos no Caribe.
Historia
[editar | editar a fonte]Os rexistros históricos e arqueolóxicos, sinalan a tribos de caiquetios, pertencentes á familia arauaca, como primeiros poboadores da illa. A chegada dos primeiros exploradores europeos prodúcese no ano 1499, cando unha expedición española comandada por Alonso de Ojeda, descobre a illa durante a súa primeira viaxe de exploración da costa norte de Suramérica. Xunto a el atópanse Juan de la Cosa e Américo Vespucio quen a chama Illa dos Xigantes, debido aparentemente, a elevada estatura dos seus habitantes indíxenas.
O dominio español mantívose durante todo o século XVI, período durante o cal, os seus habitantes orixinais foron trasladados cara á colonia da illa a Española. Serviu de ponte para a exploración e conquista española de territorios no norte de Suramérica. A illa foi abandonada paulatinamente, a medida que avanzaba a colonización do continente.
Os primeiros rexistros de asentamentos neerlandeses na illa, datan do ano 1621 pola necesidade de fornecemento de recursos vitais como madeira e sal. Foi durante o ano 1634, que unha expedición da Compañía holandesa das Indias Occidentais, ao mando de Johan van Walbeeck, reclamou a illa para os Países Baixos.
A mediados do século XVII establécense na illa colonos neerlandeses, e xudeus sefardíes orixinarios da Península Ibérica, provenientes principalmente do Brasil. Con eles mellóranse as técnicas para o cultivo de cítricos e a explotación de salinas. En 1642, Peter Stuyvesant é designado gobernador. Con el, a illa transfórmase nun importante centro de comercio, e establécese, o que chegaría a ser, un dos principais mercados de escravos, para as colonias europeas en América; especialmente para o Brasil. Feito este, que dá un forte impulso ao desenvolvemento económico da colonia.
A illa foi ocupada polos ingleses en dúas ocasións, que van de 1800 a 1803, e de 1807 a 1816, ambas as dúas motivadas polas Guerras Napoleónicas en Europa. De xeito case simultáneo, prodúcense os movementos independistas das colonias hispanas do continente, coas que contribúe dando refuxio a próceres do talle de Simón Bolívar, e coa participación, de polo menos, dúas dos seus personaxes claves, como son Manuel Piar, Libertador da provincia de Guaiana, e Luis Brión, quen chegaría a ser Almirante da República de Colombia.
Para o ano de 1863 a escravitude é abolida nas colonias neerlandesas, incluíndo nelas á illa de Curaçao, o cal conduce a unha severa crise económica. Debido a isto, un importante número dos seus habitantes emigran en busca de traballo, principalmente á illa de Cuba, onde traballan nas plantacións de cana de azucre.
O descubrimento de xacementos petrolíferos en Venezuela, a principios do século XX, especificamente, na conca do lago de Maracaibo, leva ao establecemento dunha das refinaría máis importantes do mundo para o seu tempo. Isto dá un novo impulso á súa economía, e á chegada dunha nova onda de inmigrantes.
Durante a segunda guerra mundial, establécense militares dos Estados Unidos, xa que a illa é unha das principais fontes de combustible, para as operacións dos Aliados en Europa. En consecuencia, o seu porto é asediado por submarinos da Alemaña Nazi en diversas ocasións.
O 30 de maio de 1963, prodúcense levantamentos populares na illa, motivados por contracción mundial da industria petroleira, e o descontento, produto da exclusión dentro da súa principal industria.
Para finais de século XX e principios do XXI convócase aos seus electores a varios referendos para decidir o futuro status político-administrativo da illa. No último dos cales decídese a súa separación das Antillas Neerlandesas, e a procura dun status de autonomía para a illa, dentro do Reino dos Países Baixos.
Curaçao separarase das Antillas Neerlandesas para finais do ano 2008, desaparecendo pois as Antillas Neerlandesas, xa que Saba, Santo Eustaquio e Bonaire serán Illas do Reino dos Países Baixos e Sint Maarten terá o mesmo status que Curaçao e Aruba.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Curaçao.
O porto de Willemstad, situado ao redor dunha baía natural na parte suroriental da illa, é parte fundamental da súa economía. Polo mesmo, transita unha das principais rutas marítimas do Canle de Panamá. No mesmo hai unha refinaría, estaleiros para buques do tipo Panamax, nos que se inclúe o maior dique seco da rexión; ademais dun importante centro para o transbordo de colectores, e o seu Zona Franca.
A principal industria é o refinado de petróleo, que se importa en forma de cru desde Venezuela. Nela atópase a refinaría, administrada pola petroleira estatal venezolana PDVSA e cunha capacidade instalada de 320.000 bbl/d, o que a converte na 3ra. maior refinaría do Caribe.
Sectores de servizos, como o turismo e a banca, son outros alicerces da súa economía, xa que dan emprego á maior porcentaxe da poboación. O turismo recuperouse lentamente logo dunha crise na década de 1980; actualmente, está colocada na posición número 18, da lista de destinos do Caribe, da Organización Mundial de Turismo OMT, con 223.000 visitantes, para o ano 2004.
A banca Offshore, continúa sendo un importante sector dentro da súa economía, a pesar de experimentar unha importante contracción, debida en parte, a cambios dados na política fiscal da illa, e as Antillas Neerlandesas.
Demografía
[editar | editar a fonte]Fontes oficiais calculan unha poboación de 135.822 habitantes para o ano 2005. Aínda que algunhas fontes extraoficiais estiman que a poboación da illa de Curaçao debe roldar os 173.400 habitantes para o ano 2006.
Etnias
[editar | editar a fonte]A poboación da illa de Curaçao ten orixes moi diversas. A maior parte é descendente de pobos orixinarios principalmente do Occidente de África e de pobos afrocaribeños, provenientes de illas veciñas do mar Caribe. Séguenlle en importancia descendentes ou cidadáns orixinarios dos Países Baixos. Logo de éstan, as principais colonias estranxeiras estabelecidas na illa proveñen da República Dominicana, Colombia, Venezuela, Portugal, Haití, Xamaica, Suriname, a India e a China, entre outros.
Linguas
[editar | editar a fonte]O papiamento, o holandés, e o inglés teñen status de linguas oficiais. O neerlandés é a lingua nai de ao redor do 10% da poboación. Con todo, a lingua utilizada por ao redor do 80% da poboación local é o papiamento, pertencente á familia de linguas crioulas do mar Caribe, e caracterízase por ser unha mestura de linguas europeas e africanas. Outros idiomas de uso xeral, son o inglés e español.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wells, John C. (2008). Longman Pronunciation Dictionary (3rd ed.). Harlow: Longman. ISBN 9781405881180.
- ↑ Mangold, Max (2005). "Curaçao". En Franziska Münzberg. Aussprachewörterbuch. Mannheim: Duden Verlag. ISBN 978-3-411-04066-7.
- ↑ "Art. 1 para 1 Constitution of Curaçao" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2011. (Dutch version)
- ↑ "Art. 1 para 1 Constitution of Curaçao" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de setembro de 2009. (Papiamentu version)
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "CIA World Factbook- Curaçao". Consultado o 15 de xullo de 2019.
- ↑ "CIA World Factbook – Curaçao". Consultado o 15 de xullo de 2019.
- ↑ O nome inglés é usado polo Goberno de Curazao e polo Goberno das Antillas Neerlandesas, xa que o inglés era lingua oficial das Antillas Neerlandesas e do Territorio Illa de Curaçao.
- ↑ O nome inglés é usado polo Goberno de Curazao e polo Goberno das Antillas Neerlandesas, xa que o inglés era lingua oficial das Antillas Neerlandesas e do Territorio Illa de Curaçao.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Curaçao |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Curaçao". The World Factbook (2024 ed.). Central Intelligence Agency.
- Curaçao Tourism Board
- Directory and information guide for Curaçao
- First Millennium Development Goals and Report. Curaçao and Sint Maarten. 2011
- Halman, Johannes; Robert Rojer (2008). Jan Gerard Palm Music Scores: Waltzes, Mazurkas, Danzas, Tumbas, Polkas, Marches, Fantasies, Serenades, a Galop and Music Composed for Services in the Synagogue and the Lodge. Amsterdam: Broekmans & Van Poppel. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2008. Consultado o 21 de novembro de 2017.
- Halman, Johannes I.M.; Rojer, Robert A. (2008). Jan Gerard Palm: Life and Work of a Musical Patriarch in Curaçao (In Dutch language). Leiden: KITLV. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2009. Consultado o 21 de novembro de 2017.
- Palm, Edgar (1978). Muziek en musici van de Nederlandse Antillen. Curaçao: E. Palm. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2004. Consultado o 21 de novembro de 2017.
- Boskaljon, Rudolph (1958). Honderd jaar muziekleven op Curaçao. Anjerpublicaties 3. Assen: Uitg. in samenwerking met het Prins Bernhard fonds Nederlandse Antillen door Van Gorcum. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2004. Consultado o 21 de novembro de 2017.