Saltar ao contido

Curicó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCuricó
Imaxe

Localización
Mapa
 34°59′07″S 71°14′22″O / -34.9854, -71.2394
EstadoChile
RexiónRexión de Maule
ProvinciaProvincia de Curicó
ComunaCuricó (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación176.530 (2023) Editar o valor en Wikidata (5.207,37 hab./km²)
Xeografía
Superficie33,9 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude228 m Editar o valor en Wikidata
Creación1743 Editar o valor en Wikidata

Páxina webcurico.cl Editar o valor en Wikidata

Curicó (do mapudungun: kurü ko, negras augas) é un municipio, unha comuna e cidade chilena da VII rexión de Maule. A área da comuna é de 1.328 km² e tiña un total de 177 766 habitantes no ano 2015. Limita polo sur con Molina e Sagrada Familia, polo norte con Teno, polo oeste con Rauco e polo leste con Romeral. Curicó é unha das urbes máis poboadas do Val lonxitudinal ou Central chileno, xunto con Rancagua, Talca e Chillán.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Curicó ten un clima mediterráneo con estación seca prolongada no verán. Relativamente caloroso de novembro a marzo, con temperaturas máximas de 36 graos Celsius nos días máis calorosos.

O inverno (de xuño a agosto) é máis húmido, con temperaturas máximas diarias de 12 graos Celsius, e mínimas de pouco máis sobre o punto de conxelamento. A pluviosidade media é de 701,9 mm por ano. O clima é medio e a pluviosidade é máis abondosa na parte norte do val.

Os principais sectores e barrios da cidade

[editar | editar a fonte]
  • centro histórico , é o cuadrante das avenidas principais; Alameda, Ohiggins , Camilo Henriquez , San Martín
  • sector norte: Rauquen , La Marquesa, Apumanque, Santa fe, El Boldo , Mataquito.
  • sector sur: Santa Inés, Villa san Jose, Guaiquillo, Iansa.
  • sector oriente: Zapallar, avenida España, Pirineos, Rucatremu, Aranjuez, Javiera carrera.
  • sector poñente: Balmaceda, Aguas Negras, Vaticano, Electrificación, Maule abajo, Foresta, Santa Lucia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]