Dólar internacional
O dólar internacional é unha unidade monetaria hipotética que ten o mesmo poder adquisitivo que o dólar estadounidense ten nos Estados Unidos nun momento dado . Esta unidade mostra canto vale unha unidade dunha moeda local dentro das fronteiras do país. As conversións a dólares internacionais calcúlanse utilizando a "paridade de poder adquisitivo" (PPA). A PPA é a cantidade de unidades monetarias locais que se necesitan para adquirir, dentro do país en cuestión, a mesma cantidade de bens que nos EEUU comprarían cun dólar estadounidense. Os bens deben ser iguais ou polo menos comparables.
O dólar internacional úsase principalmente para realizar comparacións tanto entre diferentes países como ao longo do tempo. Por exemplo, a comparación do Produto Interior Bruto per capita de varios países feita en dólares internacionais, no canto de baseándose simplemente nos tipos de cambio, prové dunha medida con máis validez para comparar estándares de vida.
O dólar internacional é calculado polo Banco Mundial. Naceu nos anos 1960 na Universidade de Pensilvania como parte do "Programa Internacional de Comparación" (International Comparison Program), encargado polo antedito Banco Mundial. O obxectivo era estimar un ingreso per cápita que fose comparable internacionalmente. Debido a tipos de cambio fixos ou só parcialmente flexibles, ademais dos movementos internacionais de capital, non é posible utilizar os tipos de cambio que resultan do mercado de divisas para estes fins comparativos.
O cálculo do dólar internacional é complicado e o resultado só pode interpretarse como unha aproximación do valor verdadeiro. As cifras expresadas en dólares internacionais non poden ser convertidas á moeda doutro país utilizando tipos de cambio de mercado; no canto disto as cifras deben ser convertidas utilizando os tipos de cambio de acordo coa PPA usados no estudo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nuxoll: Differences in relative prices and international differences in growth rates en: American Economic Review, 1994
- Summers, R. u. Heston, A.: The Penn World Table (Mark 5): An expanded set of international comparisons 1950 - 1988“, en: Quarterly Journa of Economics, 1991