Saltar ao contido

Daniele Bennati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniele Bennati

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Arezzo, Italia Editar o valor en Wikidata
Altura184 cm Editar o valor en Wikidata
Peso76 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoSprinter (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
2002-2003 Aurum Hotels
2004-2004 Phonak Hearing Systems
2005-2007 UAE Abu Dhabi
2008-2010 Liquigás
2011-2012 Trek-Segafredo
2013-2016 Tinkoff-Saxo
2017- Movistar Team
Participou en
31 de xaneiro de 2019UCI Europe Tour de 2019 (pt) Traducir (753º)../... 25+ Editar o valor en Wikidata

Páxina webdanielebennati.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: Benna80 Editar o valor en Wikidata

Daniele Bennati, nado en Arezzo, Italia, o 24 de setembro de 1980, é un ciclista italiano, especializado en espríns.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]
Daniele Bennati

Faise profesional en 2002 ao fichar polo equipo italiano Acqua e Sapone, e nese mesmo ano obtén a súa primeira vitoria, unha tirada da Volta a Austria. Ao ano seguinte ficha polo conxunto Domina Vacanze-Elitron, e consegue tamén dúas tiradas menores, unha na Volta ao Mediterráneo e outra na Volta a Polonia.

En 2004 ficha polo conxunto suízo do Phonak Hearing Systems, pero bota gran parte da tempada enfermo e non obtén ningunha vitoria. Ao ano seguinte ficha xa polo Lampre-Coffita, e nesa tempada é convocado pola selección italiana para acudir aos mundiais de ciclismo en estrada. Despois vence na Volta á Toscana, en tres tiradas da Volta a Alemaña e en dúas da Volta a Polonia. Ademais, queda segundo, por detrás de Erik Zabel, na París-Tours.

E 2006, co equipo mudado a Lampre-Fondital, vence no Memorial Marco Pantani e na Volta ao Piemonte, ademais de conseguir unha tirada na Volta á Comunidade Valenciana, unha na Volta a Cataluña e dúas máis na Volta a Polonia, entre outras carreiras menores. En 2007 consegue dúas vitorias de tirada no Tour de Francia, con chegada á vila de Los Sarrasins e a final en París e unha na Volta a España.

Características

[editar | editar a fonte]
De amarelo na meta (Santiago) da 2ª tirada da Vuelta a España

É un corredor alto, de 1,84 m e cun peso de 73 kg, especialista en espríns e particularmente naqueles onde non participan demasiados corredores.

Principais vitorias

[editar | editar a fonte]
  • 1 tirada no Tour de Francia 2007
  • 1 tirada na Vuelta 2007, a tirada con saída e chegada en Vigo.
  • 5 tiradas na Volta a Polonia, en 2003, 2005 e 2006
  • 3 tiradas na Volta a Alemaña 2005
  • O Memorial Marco Pantani do ano 2006
  • A Volta ao Piemonte en 2006
  • 1 tirada da Volta a Cataluña en 2006
  • 4 tiradas da Volta á Comunidade Valenciana en 2006 e 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]