Saltar ao contido

Daniele Ganser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniele Ganser

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Lugano, Suíza Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBasilea-Cidade Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Basilea - Idade Contemporánea (1992–)
Gymnasium Leonhard (en) Traducir (–1992)
Waldorf school (en) Traducir
Universidade de Ámsterdam Editar o valor en Wikidata
Director de teseGeorg Kreis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria política, Historia militar, política de defesa (pt) Traducir, history of war (en) Traducir, globalización, dereitos humanos e Teoría da conspiración Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador da idade moderna, historiador, xornalista de opinión, conferenciante, escritor, escritor de non ficción, creador de podcast Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de São Galo (pt) Traducir, adjunct professor (en) Traducir (2012–2017)
Universidade de Basilea (2006–2011)
ETH Zürich, investigador posdoutoral (2003–2006)
Avenir Suisse (en) Traducir, investigador posdoutoral (2001–2003) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Rubikon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiGottfried Ganser Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDer Freitag (pt) Traducir
Die Weltwoche (en) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webdanieleganser.ch Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2903019 Facebook: DanieleGanser Twitter: DanieleGanser Instagram: daniele.ganser Telegram: DanieleGanser Youtube: UCgrHgV7atBftQk8dXwIDktg Musicbrainz: 9e995832-bfde-4b96-a42c-1108730bebd1 Editar o valor en Wikidata

Daniele Ganser, nado o 29 de agosto de 1972 en Lugano, é un historiador suízo, coñecido pola súa obra Nato's Secret Armies: Operation Gladio and Terrorism in Western Europe (2005), adaptación da súa tese de doutoramento, Operation Gladio in Western Europe and the United States (2001).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do pastor Gottfried Ganser (1922–2014) e da enfermeira Jeannette Ganser[1]. Estudou en Basilea nunha escola Waldorf e logo nun instituto local logrando o certificado de estudos en 1992 para despois relizar o servizo militar obrigatorio[2]. Estudou nas universidades de Basilea e Ámsterdam historia, filosofía e inglés[3]. Despois de licenciarse en 1998 pola Universidade de Basilea realizou traballo de investigación alí e na London School of Economics and Political Science. En 2001 obtivo o doutoramento coa tese Operation Gladio in Western Europe and the United States que logrou a máxima cualificación[4], insigni cum laude segundo o uso suízo. En 2005 realizou unha adaptación do seu libro que publicou como NATO's Secret Armies: Operation Gladio and Terrorism in Western Europe. Nestas obras, apoiadas nos informes parlamentarios belga e italiano sobre Gladio, detalla como os Estados Unidos, co apoio do Reino Unido, organizaron unha posguerra en diversos países da Europa do Oeste, e ata a década de 1980, células clandestinas destinadas a organizar a resistencia en caso de invasión soviética. Ganser establece a hipótese que esta rede puido ser a orixe de certos atentados atribuídos a organizacións de extrema esquerda[5], nunha tentativa política para desacreditar entre os cidadáns os partidos de esquerda, e mesmo esta estratexia da tensión alongaríase ata o momento actual co terrorismo islamista, presentado como unha ameaza para xustificar as guerras polo petróleo[6].

Entre 2001 e 2003 foi responsable de relacións internacionais do laboratorio de ideas Avenir Suisse de Zürich[3] e dirixiu a campaña da organización na iniciativa popular para a integración de Suíza na ONU [3]. En 2003 exerceu como membro do consello asesor do Departamento Federal de Asuntos Exteriores para a promoción da paz e dos dereitos humanos[3]. Entre 2003 e 2006 traballou como investigador no Center for Security Studies da Universidade Federal Politécnica de Zürich[3]. En 2006 estivo entre os fundadores da sección suíza da Association for the Study of Peak Oil and Gas (ASPO) e foi membro da súa dirección ata 2012.

En 2006 escribiu un capítulo da obra colectiva dirixida por David Ray Griffin que pon en dúbida as conclusións da comisión oficial dos atentados do 11 de setembro de 2001[7]. Ganser considera que a historia oficial sobre o 11 de setembro e mais as conclusións da comisión non son cribles[6].

Entre 2007 e 2010 traballou no departamento de historia da Universidade de Basilea e entre 2012 e 2017 foi profesor nun instituto dependente da Universidade de Sankt Gallen.

  • Reckless Gamble: The Sabotage of the United Nations in the Cuban Conflict and the Missile Crisis of 1962. University Press of the South, New Orleans 2000, ISBN 1-889431-72-9.
  • con Uwe Wagschal e Hans Rentsch: Der Alleingang: Die Schweiz 10 Jahre nach dem EWR-Nein. Orell Füssli, Zürich 2002, ISBN 3-280-05041-3.
  • Brauchen wir eine Ökonomie des Friedens? Eine Schweizer Perspektive auf die Verbindung der Wirtschaft mit Gewaltkonflikten. In: Die Friedens-Warte 79 (2004), pp. 57–74.
  • NATO's secret armies. Operation Gladio and terrorism in Western Europe. Routledge, 2005, ISBN 0-7146-5607-0.
  • The “Strategy of Tension” in the Cold War Period. In: David Ray Griffin, Peter Dale Scott (ed.): 9/11 and American Empire. Intellectuals Speak Out. Volume 1, Interlink Publishing Group, 2006, ISBN 1-56656-659-2, S. 79–99.
  • The CIA in Western Europe and the Abuse of Human Rights. In: R. Gerald Hughes, Len Scott (Eds.): Intelligence, Crises and Security: Prospects and Retrospects. Routledge, 2007, ISBN 0-415-46430-7..
  • Die dunkle Seite des Westens: Verdeckte Terroraktivitäten der NATO. Kai Homilius, Berlin 2009, ISBN 978-3-89706-206-1 (Vídeo-DVD, 60 Minutos).
  • Beyond Democratic Checks and Balances: The «Propaganda Due» Masonic Lodge and the CIA in Italy's First Republic. In: Eric Wilson (Hrsg.): Government of the Shadows: Parapolitics and Criminal Sovereignty. Pluto Press, 2009, ISBN 0-7453-2623-4, pp. 256–276.
  • Peak Oil: Erdöl im Spannungsfeld von Krieg und Frieden. In: Phillip Rudolf von Rohr, Peter Walde, Bertram Battlog (ed.): Energie. vdf Hochschulverlag an der ETH Zürich, Zürich 2009, ISBN 978-3-7281-3219-2.
  • NATO’s Secret Armies in Europe. In: Cihan Aksan, Jon Bailes (ed.): Weapon of the Strong. Conversations on US State Terrorism. Pluto Press, London 2012, ISBN 0-7453-3241-2, pp. 219–233.
  • “America is Addicted to Oil”: U.S. Secret Warfare and Dwindling Oil Reserves in the Context of Peak Oil and 9/11. In: Eric Wilson (Hrsg.): The Dual State: Parapolitics, Carl Schmitt and the National Security Complex. Ashgate, 2012, ISBN 978-1-4094-3107-7 (Capítulo 4).
  • Europa im Erdölrausch: Die Folgen einer gefährlichen Abhängigkeit. Orell Füssli, Zürich 2012, ISBN 978-3-280-05474-1.
  • Illegale Kriege: Wie die NATO-Länder die UNO sabotieren. Eine Chronik von Kuba bis Syrien. 2. Auflage, Orell Füssli, Zürich 2016, ISBN 978-3-280-05631-8.
  • Kriegsverbrecher auf freiem Fuß. In: Ullrich Mies, Jens Wernicke: Fassadendemokratie und Tiefer Staat – Auf dem Weg in ein autoritäres Zeitalter. Promedia Verlag, Wien 2017, ISBN 978-3-85371-425-6.
  • Vorsicht, Verschwörungstheorie! Ein Interview mit Daniele Ganser. In: Jens Wernicke et al.: Lügen die Medien? Propaganda, Rudeljournalismus und der Kampf um die öffentliche Meinung. Westend, Frankfurt am Main 2017, ISBN 978-3-86489-188-5, S. 249–255.
  1. Rico Bandle: Daniele Ganser: Missionar des Misstrauens. Arquivado 24 de maio de 2019 en Wayback Machine. Die Weltwoche 21, 24 de maio de 2017, pp. 30–32
  2. Leonie Scheidegger: Daniele Ganser. Ein ehemaliger Schüler im Portrait und Interview. In: Jahrbuch Gymnasium Leonhard 2009/2010. p. 52 f.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Daniele Ganser, Center for Security Studies". Archived from the original on 27 de maio de 2006. Consultado o 24 de maio de 2019. 
  4. Olav Riste: «Stay Behind»: A Clandestine Cold War Phenomenon. Journal of Cold War Studies 16: 4 (2014), p. 37.
  5. Andreas Anton, Michael Schetsche, Michael K. Walter (2014) Konspiration p. 175, Springer
  6. 6,0 6,1 « Le terrorisme non revendiqué de l’OTAN », Réseau Voltaire
  7. David Ray Griffin (dir), 9/11 American Empire : Intellectual speaks out, Olive Branch Press, 2006