Saltar ao contido

Data Encryption Standard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A función de Feistel (Función F) do DES.

O Data Encryption Standard (DES, Estándar de Cifrado de Datos) é un método de cifrado de datos. En 1976, a Federal Information Processing Standard (FIPS) escolleuno como método oficial dos Estados Unidos, e máis tarde o seu emprego estendeuse arredor do mundo. O algoritmo foi motivo de controversia por tres razóns: porque no seu deseño había elementos clasificados como información confidencial, porque tiña unha clave relativamente curta, e porque se sospeitaba que a Axencia de Seguridade Nacional (NSA) dos Estados Unidos tiña unha porta falsa para descifralo. Por mor disto, o DES foi sometido a un estudo e unha análise académica moi intensos que impulsaron o coñecemento moderno do cifrado por bloques e a súa criptoanálise.

Hoxe o DES considérase non seguro por moitas aplicacións, principalmente porque a medida da clave de 56 bits é moi pequena; en xaneiro de 1999, distributed.net e a Electronic Frontier Foundation colaboraron publicamente para descifrar unha clave do DES, e conseguírono en 22 horas e 15 minutos. Algúns resultados analíticos tamén demostran algunhas fraquezas teóricas no cifrado, malia que na práctica non é factible aproveitalas. Crese que na forma de Triplo DES o algoritmo é practicamente seguro, mais en teoría os ataques continúan sendo posibles. Nos últimos anos, este cifrado foi superado polo Advanced Encryption Standard (AES) (Estándar Avanzado de Cifrado).

Algunha documentación distingue entre o DES como estándar e o algoritmo DES, que se coñece como DEA (Data Encryption Algorithm, Algoritmo de Cifrado de Datos). Cando se fala del, as siglas DES es pódense pronunciar ou ben lendo as letras da abreviatura (de, e, ese), ou ben pronunciando o acrónimo como unha única sílaba (des).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]