Detective Pikachu (videoxogo)
Detective Pikachu | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Creatures |
Distribuidora(s) | Nintendo The Pokémon Company |
Director(es) | Naoki Miyashita |
Produtor(es) | Hiroyuki Hitoshi Yamagami |
Artista(s) | Masataka Hata |
Lanzamento | Birth of a New Duo 3 de febreiro de 2016 Detective Pikachu Internacional: 23 de marzo de 2018 |
Xénero | Aventuras |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | USK |
Plataforma(s) | Nintendo 3DS |
Serie | Pokémon |
Na rede | |
http://www.pokemon.co.jp/ex/TANTEI-PIKA/ e https://detectivepikachu.pokemon.com/en-us/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Detective Pikachu (名探偵ピカチュウ Meitantei Pikachū?) (coñecido no Xapón como Great Detective Pikachu) é un videoxogo de aventuras desenvolvido por Creatures Inc., publicado por The Pokémon Company, e distribuído por Nintendo para Nintendo 3DS. O xogo é un spin-off da franquía Pokémon, no que os xogadores traballan cun Pikachu parlante para solucionar varios misterios. Unha versión descargable e máis curta do xogo, chamado Great Detective Pikachu: Birth of a New Duo (名探偵ピカチュウ 〜新コンビ誕生〜 Meitantei Pikachū ~Shin Konbi Tanjō~?) estreouse no Xapón en febreiro de 2016, mentres que a versión completa estreouse internacionalmente en marzo de 2018.
En contraste cos anteriores xogos de rol de Pokémon, Detective Pikachu é un spin-off de aventuras que se centra na narrativa, cunha presentación comparable coa serie de anime Pokémon.[1] A adaptación cinematográfica estreouse en maio de 2019. Ese mesmo ano, anunciouse unha secuela para Nintendo Switch.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Phillips, Tom (16 de marzo de 2018). "Detective Pikachu sees Pokémon fully embrace its anime heritage". Eurogamer. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2020. Consultado o 26 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)