Dióxenes Laercio
Nome orixinal | (grc) Διογένης ὁ Λαέρτιος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 180 (Gregoriano) |
Morte | 240 (Gregoriano) (59/60 anos) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | historiador, filósofo, biógrafo, historiador da filosofía |
Período de tempo | Imperio Romano |
Período de actividade | século II - século III |
Interesado en | Filosofía grega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Biblioteca dixital BEIC |
Dióxenes Laercio ou Diogenes Laertius (en grego Διογένης Λαέρτιος), (200 - 250) foi un historiador e biógrafo dos antigos filósofos gregos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa maior obra é Vidas e doutrinas dos filósofos máis ilustres composta por dez libros que contén relevantes fontes de informacións sobre o desenvolvemento da filosofía grega. O exacto período en que Dióxenes Laercio viviu é descoñecido, mais supostamente foi durante o reino de Septimio Severo e Caracalla.
Non tivo pensamento filosófico propio. O seu obxectivo foi realizar un traballo de fácil comprensión e de divulgación para levar ao coñecemento do grande público as diversas escolas filosóficas gregas.
A parte máis importante da súa obra é o libro X, que está dedicado a Epicuro. Alén da exposición da súa filosofía, o libro aínda presenta tres cartas deste filósofo. Debido ao grao de detalle con que Dióxenes expón a filosofía de Epicuro, moitos cren que el era adepto das doutrinas epicúreas. Tal feito, con todo, non é recoñecido oficialmente no mundo académico, unha vez que el expresa admiración por moitos filósofos e non menciona as súas preferencias persoais de maneira explícita.
Dióxenes divide os filósofos gregos en dúas escolas, a escola xónica e escola italiana. El considera que a escola xónica provén de Anaximandro de Mileto, e a escola italiana de Pitágoras.
Despois de Sócrates, divide os filósofos xónicos en tres ramos:
- Platón e os Académicos, finalizando en Clitomaco.
- Os cínicos, finalizando en Crisipo.
- Aristóteles e Teofrasto.
A serie de filósofos italianos despois de Pitágoras consiste nos seguintes filósofos:
Telanxes, Xenofonte, Parménides de Elea, Zenón de Elea, Leucipo de Mileto, Demócrito de Abdera, e outros até Epicuro de Samos.
Os seus primeiros sete libros son dedicados aos filósofos da escola xónica; os últimos tres libros aos filósofos da escola italiana.
A obra de Dióxenes é unha gran contribución á historia da filosofía, contendo unha breve introdución sobre a vida e doutrinas da maioría dos filósofos gregos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dióxenes Laercio |