Diacrítico
Diacríticos |
---|
Un (signo) diacrítico (do grego διακριτικός diacritikós, «que distingue») é un signo situado sobre (diacrítico superescrito), debaixo (diacrítico subscrito), en ou a través (diacrítico inscrito), despois (diacrítico adscrito), diante (diacrítico preescrito) ou ao redor (diacrítico circunscrito) dun grafema para modificar o seu valor fonético, permitir unha lectura máis precisa ou evitar unha ambigüidade entre homógrafos.
Características
[editar | editar a fonte]Do mesmo xeito que as ligaduras e que as letras suplementarias inventadas, a adición de diacríticos amplía o número de grafemas dunha escritura. En moitos casos, a letra con diacrítico non se considera como un grafema independente senón como un alógrafo, é dicir, outra versión escrita da letra simple. A letra con diacrítico non intervén xa que logo, na clasificación alfabética.
Como exemplo, o acento agudo do francés modifica o valor fonético dun e, pronunciado xeralmente [ǝ] (e mudo): é sona [e]. O acento grave sobre un a, non obstante, só permite distinguir homógrafos: la (artigo) ~ là (adverbio de lugar), soando os dous [la]. Porén non se consideran é e à como letras independentes de e e a. O francés non coñece diacrítico ningún que sirva para afinar a lectura: todos son obrigatorios.
Ese tipo existe en árabe, onde as vogais non se escriben; nas obras didácticas ou relixiosas pódense notalas en forma de diacríticos. A fatḥa, un trazo lixeiramente oblicuo subscrito, serve para indicar a presenza dunha vogal [a]: a palabra عدل lese ʿadl (‘adl) pero translitérase ʿdl. Para precisar a súa lectura, pódeselle engadir unha fatḥa: عَدل.
Existen tamén letras diacríticas, mudas e por forza escritas ao lado da letra que modifican. Accesoriamente, puideron converterse en signo diacrítico, como ocorreu co umlaut e a diérese.
Cada escritura puido desenvolver os seus propios diacríticos, como no alfabeto latino (e variantes, coma o alfabeto vietnamita), o alfabeto grego, o cirílico, o árabe, o hebreo, os silabarios xaponeses ou o alfabeto tibetano.
Desafíos na informática
[editar | editar a fonte]A chegada da informática e a ampla distribución de textos codificados en computador entre varias culturas trouxo o desafío da representación dixital dos sinais diacríticos. Un dos resultados é o problema coñecido como Mojibake, creado (entre outras situacións) cando non hai suficiente coherencia entre os métodos de codificación de diacríticos empregados nun conxunto de programas de computador.
A popularización da World Wide Web aumentou moito a demanda da correcta representación de sinais diacríticos entre computadores das máis variadas nacionalidades. Por ese motivo a linguaxe HTML, moi usada para textos na WWW, inclúe un conxunto bastante completo de códigos estandarizados para representación de diacríticos, como é o Unicode.
Tipos de diacríticos
[editar | editar a fonte]´`^ |
---|
Diacrítico |
Diacríticos do alfabeto latino |
acentos |
Signos ortográficos empregados como diacríticos |
apóstrofo ( ’ ) |
Diacríticos de alfabetos non latinos |
Diacríticos do alfabeto árabe |
Algúns dos signos diacríticos máis habituais en distintas linguas e alfabetos son:
- punto
- ( • ) punto medio
- ( ˙ ) anunaasika, punto superior
- ( . ) anusvaara punto inferior, usado en sánscrito
- ( ¸ ) cedilla
- ( ˛ ) ogonek o "gancho polonés"
- ( ° ) kroužek ou anel; usado por exemplo no símbolo do ángstrom
- ( ˘ ) breve, é parte da letra en esperanto
- ( ˇ ) caron ou haiček ("ganchiño" en checo). En eslovaco chámase mäkčeň ("suavizador" ou "marca de palatalización"), en esloveno strešica ("teitiño").
- ( ¯ ) macron
- ( ¨ ) trema ou diérese.
- acento
- ( ` ) acento grave
- ( ´ ) acento agudo
- ( ˝ ) acento agudo dobre
- ( ^ ) acento circunflexo, parte da letra en esperanto, en eslovaco sobre "o" chámase vokáň
- spiritus asper
- spiritus lenis
- ( ҃ ) titlo, indica abreviación no alfabeto cirílico antigo
- ( ~ ) til
Hai tamén signos que teñen outros usos pero aparecen como diacríticos en certos alfabetos, como son a barra ( | ), a vírgula ( , ), o apóstrofo ( ' ), os dous puntos ( : ), usado para ligar sufixos a palabras estranxeiras, ou o guión ou trazo ( - ), usado para quebrar palabras e resolver ambigüidades de pronuncia.
Usos
[editar | editar a fonte]Na análise das linguas que usan o alfabeto latino, pódese observar que as vogais son as letras máis suxeitas a diacríticos no conxunto dos idiomas. No caso das consoantes, C, S, Z presentan diacríticos en gran cantidade de idiomas; W en galés, H en maltés, J en esperanto, e P e Q en aimará presentan diacríticos específicos; a letra G presenta, considerando diversos idiomas, 6 tipos diferentes de diacríticos; N e S presentan, cada, 5 tipos; 4 son os diacríticos para o L; hai menos usos de diacríticos para D, T, R, K e aínda menos para B, M, V, X.
As linguas eslavas son as que máis presentan casos de letras con diferentes diacríticos. Así, o checo usa agudo, caron e anel.
A lingua Inglesa non presenta diacríticos, excepto para pouquísimos casos de palabras oriúndas doutros idiomas. Outra lingua xermánica coma o neerlandés usa o trema. Por exemplo en ruïne indica que o u e o i son pronunciados separadamente das súas formas normais. Entón funciona comp sinal de separación e non como unha indicación dunha versión alternativa do i. Os diacríticos poden usarse para dar énfase (érg koud para moito frío) ou para desambiguación entre os numeral un e o artigo un (één appel, unha [numeral] mazá; een appel, unha [artigo] mazá). Os acentos grave e agudo úsanse nun un pequeno número de palabras, a maioría palabras emprestadas doutros idiomas.
Atópanse moitos diacríticos, porén en menor escala do que nas eslavas nas linguas escandinavas e bálticas. Por exemplo, no estoniano empréganse carons no š ou ž, que poden aparecer só en nomes propios estranxeiros e en palabras emprestadas doutros idiomas, mais poden ser tamén substituídas por sh ou zh nalgúns textos. O apóstrofo pode usarse na declinación dalgúns nomes estranxeiros para separar a raíz de calquera declinación final, como en Monet' ou Monet'se para os casos xenitivo e ilativo, respectivamente, para o famoso pintor Monet.
Nas linguas románicas son habituais os acentos ademais doutros signos: o catalán usa grave, agudo, cedilla e diérese; o francés usa grave, agudo, circunflexo, cedilla e diérese; o italiano usa agudo e grave e o portugués usa agudo, grave, circunflexo, til, cedilla e trema (no Brasil).
Varias romanizacións da lingua chinesa usan a trema, mais só no u (ü). No Pinyin, os catros tons do mandarín márcanse polo macron, acento agudo, caron e acento grave.
O aimará usa corno sobre P, T, K, Q, Ch