Dinar
O dinar é a unidade monetaria de diversos estados do mundo, a maioría dos cales de lingua árabe[1] ou que antigamente formaran parte do Imperio Otomán, xa que historicamente foi usado en terras musulmás, desde tempos do Califato abasí de Bagdad.
A palabra "dinar" (دينار en árabe e en persa) ten a mesma orixe que o vocábulo diñeiro, xa que ambas as dúas derivan do denario (denarius) romano.
Orixe
[editar | editar a fonte]O dinar ten a súa orixe na antiga moeda sasánida e araboislámica de ouro que se empezou a cuñar a finais do século VII, e que tiña un peso que, segundo as épocas, oscilaba entre os 3,85 g e os 4,25. Nos seus inicios era unha imitación dos modelos bizantinos, pero pronto adquiriu carácter propio e definido, até o punto que foi imitado fóra dos territorios califais.
Estados que usan o dinar como moeda
[editar | editar a fonte]- Alxeria: o dinar alxeriano
- Bahrain: o dinar bahrainí[2]
- Irán: o rial iraniano divídese en 100 dinares
- Iraq: o dinar iraquí
- Kuwait: o dinar kuwaití
- Libia: o dinar libio
- Macedonia do Norte: o denar macedonio
- Serbia: o dinar serbio
- Sudán: o dinar sudanés (antes utilizaba a libra sudanesa)
- Tunisia: o dinar tunisiano
- Xordania: o dinar xordano
Estados e territorios que usaron noutros tempos o dinar como moeda
[editar | editar a fonte]- Abu Dabi: o dinar de Abu Dhabi
- Federación de Arabia do Sur: o dinar de Arabia do Sur
- Croacia: o dinar croata
- Iemen do Sur: o dinar iemení
- Iugoslavia: o dinar iugoslavo
- República da Krajina Serbia: o dinar reformado da Krajina
- República Serbia: o dinar da República Serbia
- Sudán: o dinar sudanés
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dinar". academia.gal. Consultado o 4 de decembro de 2021.
- ↑ González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4.