Saltar ao contido

Duopolio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un duopolio é unha forma de oligopolio na cal existen dous produtores dun ben nun mercado. En economía estudase como unha forma de oligopolio dada a súa simplicidade.

Modelos de duopolio

[editar | editar a fonte]

Existen principalmente dous tipos de duopolio:

  • O modelo de duopolio de Antoine Augustin Cournot, o cal mostra que dous produtores reaccionan, cada un aos trocos na produción (cantidade producida) da outra, ata que ámbalas dúas chegan a un Equilibrio de Nash.
  • O modelo de duopolio de Bertrand, no cal, entre dous produtores, cada un asumirá que a outra non trocará os seus prezos en resposta ás súas baixas de prezos. Cando ambas usan esta estratexia, acadan un Equilibrio de Nash.

Cando os dous produtores pactan un prezo común se chama duopolio colusorio e o resultado sería semellante, dende o punto de vista dos consumidores, a unha situación de monopolio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]