Saltar ao contido

Ecorrexión do Cerrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaEcorrexión do Cerrado
Imaxe
Tiposabana
ecorrexión da WWF
Mata seca (pt) Traducir
patrimonio natural Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaMinas Xerais, Brasil, Mato Groso - Mato Grosso, Brasil, Mato Groso do Sur - Mato Grosso do Sul, Brasil, Goiás, Brasil, Tocantins, Brasil, Baía, Brasil, Maranhão, Brasil e Distrito Federal, Brasil Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 14°00′20″S 47°41′05″O / -14.00569, -47.68461
Composto por
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 367.356 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → América Latina-Caribe
Data2001 (25ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ix) e (x) Editar o valor en Wikidata
Identificador1035
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Parque Nacional da Chapada dos Veadeiros (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Data2001 (25ª Sesión)
Identificador1035-001
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 59 Editar o valor en Wikidata

Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Parque Nacional das Emas (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Data2001 (25ª Sesión)
Identificador1035-002
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 62 Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata
Mapa da superposición da superficie do cerrado coas rexións hidrográficas do Brasil.

A Ecorrexión do Cerrado, ou simplemente O Cerrado (do portugués "pechado", "denso"), é unha ampla ecorrexión de sabana tropical do Brasil.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O Cerrado cobre 1.916.900 km² nos que se inclúen o estado de Goiás, o Distrito Federal, a maior parte dos estados Mato Grosso, Mato Grosso do Sul, Tocantins, a parte occidental de Minas Gerais e Baía, a parte sur de Maranhão e Piauí, e pequenas partes dos estados de São Paulo e de Paraná.

Este ecosistema ocupa o 22 % da superficie do Brasil, sendo aínda maior que a superficie de Alasca. O Cerrado esténdese, así mesmo, polo leste de Bolivia, o nordeste e centro de Paraguai, alcanzando polo sur, xa empobrecido, o Parque provincial Teyú Cuaré e arredores, na provincia de Misiones, Arxentina, segundo recentes investigacións[1] nas que se abordou a notábel afinidade da flora vascular e a fauna de vertebrados desta área protexida con respecto ao Cerrado sensu stricto.[2][3]

Durante o holoceno temperán, a vexetación correspondente ao cerrado expandiuse e ocupou unha superficie maior que a actual.[4]

Hoxe existen "illas" de Cerrado na área de selvas semideciduas da mata atlántica, que serían o remanente desta maior área de distribución da vexetación do Cerrado alcanzada hai 10.000-7.000 anos.[5]

Esta rexión natural limita ao norte coa rexión da Amazonia e ao oeste e suroeste co Gran Chaco, respecto ao cal mantén grandes semellanzas florifaunísticas e paisaxísticas.

O Cerrado caracterízase por unha enorme biodiversidade de plantas e animais, pero esta riqueza natural está progresivamente ameazada polos monocultivos (particularmente polo da soia), a expansión da agricultura en xeral e a queima da vexetación para facer carbón vexetal.

A pesar do feito de que deste ecosistema xa se perdeu moito, Norman Borlaug, laureado co Premio Nobel da Paz, describiu o cerrado como unha das últimas fronteiras da terra de zonas virxes con posibilidade de seren arábeis para a expansión da agricultura.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Chébez, J. C. (1996): "Misiones Ñú. Campos Misioneros, algo más que el confín de la selva". Nuestras aves, Asociación Ornitológica del Plata: 4-16.
  2. Fernando Biganzoli & María E. Múlgura De Romero (2004): "Inventario Florístico del Parque Provincial Teyú Cuaré y alrededores (Misiones, Argentina)" Darwiniana v.42 n.1-4 San Isidro ene./dic. 2004
  3. Martínez Crovetto, R. (1963): "Esquema fitogeográfico de la Provincia de Misiones (República Argentina)". Bonplandia 1: 171-223.
  4. Ledru, M. P.; Salgado-Labouriau, M. L. & Lorscheitten, M. L. (1998): "Vegetation dynamics in southern and central Brazil during the last 10.000 yr. B.P." Rev. Palaeobot. Palynol. 99: 131-142.
  5. Behling, H. (1998): "Late Quaternary vegetational and climatic changes in Brazil". Rev. Palaeobot. Palynol. '99: 143-156.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]