Saltar ao contido

Elephantidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Elefántidos
Rango fósil: Plioceno - Presente

Elefantes africano (esquerda) e asiático (dereita)
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia
Orde: Proboscidea
Familia: Elephantidae
Gray, 1821
Xéneros e especies

Véxase o texto

Os elefántidos (Elephantidae) son unha familia de mamíferos placentarios da orde Proboscidea. Antigamente clasificábanse, xunto con outros mamíferos de pel grosa, na orde agora inválida dos paquidermos (Pachydermata). Existen hoxe en día tres especies e diversas subespecies. Entre os xéneros extintos desta familia salientan os mamuts.

Elefante salvaxe indio do bosque de Marayoor, Munnar, Kerala.

Os elefantes son os animais terrestres máis grandes que existen no presente.[1] O período de xestación é de 22 meses, o máis longo en calquera animal terrestre. O peso ó nacer usualmente é de 120 kg. Normalmente viven de 50 a 70 anos, pero rexistros antigos documentan idades máximas de 82 anos.[2] O meirande elefante do que se ten rexistro pesou arredor de 11 000 kg (Angola, 1956),[3] chegando a unha altura na cernella de 3,96 m, un metro máis alto que o elefante africano medio.[4] O elefante máis pequeno, de arredor do tamaño dunha cría ou un porco grande, é unha especie prehistórica que existiu na illa de Creta, Mammuthus creticus, durante o Plistoceno.[5]

Xéneros actuais

[editar | editar a fonte]

Os elefantes actuais clasifícanse en dous xéneros distintos, Loxodonta (elefantes africanos) e Elephas (elefantes asiáticos), pertencentes a dúas tribos distintas. Clasicamente recoñecíanse dúas especies, unha en cada xénero, mais hai un debate entre os científicos sobre se as dúas subespecies africanas son en realidade dúas especies distintas, en cuxo caso estariamos a falar en total de tres especies de elefantes. Recoñécense as seguintes especies e subespecies:[6]

Loxodonta africana - elefante africano de sabana.
Loxodonta cyclotis - elefante africano da selva.
Loxodonta adaurora
Loxodonta africana pharaoensis
Loxodonta atlantica
Loxodonta exoptata
Elephas maximus. Unha soa especie con tres subespecies vivas:
Elephas maximus maximus - elefante de Sri Lanka.
Elephas maximus indicus - elefante indio.
Elephas maximus sumatranus - elefante de Sumatra.
Elephas maximus asurus
Elephas maximus rubridens
Elephas antiquus
Elephas beyeri
Elephas celebensis
Elephas chaniensis
Elephas creticus
Elephas creutzburgi
Elephas cypriotes
Elephas ekorensis
Elephas falconeri
Elephas iolensis
Elephas melitensis
Elephas mnaidriensis
Elephas namadicus
Elephas namadicus
Elephas naumanni
Elephas planifrons
Elephas platycephalus
Elephas recki

O elefante de Borneo (Elephas maximus borneensis) e o elefante de Malaisia (Elephas maximus hirsutus) son clasificados actualmente como Elephas maximus indicus.[6]

  1. "African Elephant". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2012. Consultado o 16 de xuño de 2007. 
  2. "Elephants - Asian & African Facts, Information & Pictures". Asian & African Facts, Information & Pictures (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2016. 
  3. Fenykovi, Jose (4 de xuño de 1956). "The Biggest Elephant Ever Killed By Man". USA: CNN. p. 7. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 06 de outubro de 2018. 
  4. "Animal Bytes: Elephant". San Diego Zoo. Consultado o 16 de xuño de 2007. 
  5. Bate, D.M.A. 1907. «On Elephant Remains from Crete, with Description of Elephas creticus» sp.n. Proc. zool. Soc. Londres: 238-250.
  6. 6,0 6,1 "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2012. Consultado o 06 de outubro de 2018.