Elizabeth Pirie
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de setembro de 1932 Malta |
Morte | 1 de marzo de 2005 Edimburgo Escocia |
País de nacionalidade | Británica |
Relixión | Cristianismo |
Educación | Universidade de Edimburgo. |
Q89547790 | Estudos de moeda de Northumbria. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía. |
Ocupación | numismático, conservadora, arqueóloga |
Empregador | Leeds City Museum (en) (1960–1992) Maidstone Museum and Bentlif Art Gallery (en) (1957–1960) Grosvenor Museum (en) (1955–1957) |
Premios | |
| |
Elizabeth Jean Elphinstone Pirie, nada o 14 de setembro de 1932 en Malta e finada o 1 de marzo de 2005 en Edimburgo, foi unha numismática e arqueóloga británica especializada nas moedas da primeira época do Reino de Northumbria.[3][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pirie naceu o 14 de setembro de 1932 en Malta, onde o seu pai estaba destinado como capelán da Mariña Real. En 1939, ela e a súa nai regresaron a Gran Bretaña pouco antes do comezo da segunda guerra mundial.[2] Ata o retiro do seu pai en 1953, a familia cambiou de domicilio repetidamente; de feito, Elizabeth Pirie levou a cabo a educación primaria e secundaria en oito colexios.[3]
Na Universidade de Edimburgo cursou Estudos Clásicos e, despois de dous anos, Arqueoloxía, materia na que acadou o grao de mestrado. Posteriormente obtivo un diploma en Arqueoloxía na Universidade de Cambridge e, entre 1952 e 1955, participou en numerosas escavacións e expedicións arqueolóxicas. Foi nese último ano, en 1955, cando ocupou un posto de conservadora axudante no Museo Grosvenor, de Chester.[3][2]
No Museo Grosvenor foi a responsable, en 1957, da exposición da colección numismática de Willoughby Gardner, especializada en moedas da ceca de Chester.[4] En marzo dese mesmo ano trasladouse ao Museo Maidstone como arqueóloga axudante e en 1960 pasou a ocupar o posto de conservadora de arqueoloxía do Museo da Cidade de Leeds, onde permaneceu ata a súa xubilación en 1991.[3] A maior parte dos seus libros e dos seus artigos foron escritos neste período.[2] Durante a súa estadía en Leeds dirixiu diversas escavacións, entre as que cabe salientar a do forno de cerámica cisterciense en Potterton, preto de Barwick-in-Elmet, con Philip Mayes.[5]
Pirie chegou a ser considerada como a maior experta na cuñaxe das moedas coñecidas como styca, emitidas na Northumbria pre-viquinga. A súa obra cumio, de 2002, Coins of the Kingdom of Northumbria, an illustrated guide to money from the years 670 to 867, proporciona un corpus ilustrado de todas as pezas coñecidas, a modo de guía práctica de referencia para arqueólogos, conservadores e coleccionistas.[3] Tamén destaca pola autoría de dous volumes do proxecto Sylloge of Coins of the British Isles .[2]
Pirie retirouse en 1991 e foi residir á zona residencial de Marchmont, en Edimburgo, onde foi moi activa nas actividades da súa parroquia, ademais de continuar coas súas investigacións.[3][2][6] Alí finou o 1 de marzo de 2005 e os seus restos foron cremados o 11 de marzo no crematorio de Mortonhall.[7]
Ao longo da súa carreira, Elizabeth Pirie foi membro de diversas institucións numismáticas e arqueolóxicas de orde académica e asociativa, entre elas a Royal Numismatic Society (1957), a Sociedade de Anticuarios de Escocia (1957), a Sociedade Numismática Británica (1960) e a Sociedade de Anticuarios de Londres (1978). Nalgunhas delas tamén ocupou cargos directivos, como a vicepresidencia (1968) e a presidencia (1970) da Sociedade Numismática de Yorkshire [8], ou a secretaría da Sociedade Numismática de Edimburgo (1996-1999), esta última xa despois do seu retiro.[3][2]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Monografías
[editar | editar a fonte]- (1964). Grosvenor Museum, Chester [Sylloge of Coins of the British Isles 5]. Oxford University Press. ISBN 0197258972
- (1964). The Willoughby Gardner Collection of Coins with the Chester mint-signature (con Gardner, V.). Oxford University Press.
- (1967). Kirkstall Abbey excavations, 1960-1964: reports. Thoresby Society, Leeds.
- (1975). Coins in Yorkshire Collections [Sylloge of Coins of the British Isles 21]. Oxford University Press. ISBN 9780197259399
- (1986). Post-Roman coins from York excavations, 1971-81. York Archaeological Trust, Londres. ISBN 9780900312977
- (1986). The Archaeology of York. Council for British Archaeology, Londres. ISBN 9780900312977
- (1996). Coins of the Kingdom of Northumbria c.700-867 in the Yorkshire collections. Galata, Llanfyllin. ISBN 9780951667149
- (1982). Catalogue of the Early Northumbrian Coins in the Museum of Antiquities, Newcastle upon Tyne. University of Newcastle upon Tyne. Newcastle.
- (1994). The York Hoard, 1831. Galata Print, Llanfyllin. ISBN 9780951667125
- (2000). Thrymsas, Sceattas and Stycas of Northumbria: an Inventory of Finds recorded to 1997. Galata Print, Llanfyllin. ISBN 9780951667163
- (2002). Coins of Northumbria: An illustrated guide to money from the years 670 to 867. Galata Print, Llanfyllin. ISBN 9780951667194
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Past Presidents". Yorkshire Numismatic Society. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Withers, P.; Lyon, S. (2005). "Obituary: Elizabeth J. E. Prie (1932-2005)". En British Numismatic Society Journal. British Numismatic Society. Páxinas 212-215.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Obituaire: Elizabeth Pirie". En The Scotsman. 1 de marzo de 2005..
- ↑ "Finest Provincial Coin Collection of the Period". En Cheshire Obsever. 15 de decembro de 1956.
- ↑ Addyman, P. V. (2011). "Jean Le Patourel, BA, FSA (1915–2011) Arquivado 05 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". Yorkshire Archaeological Journal. 83 (1): 222–224. ISSN 0084-4276
- ↑ Whithers, P. (2004). "Obituary – Elizabeth Pirie". Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland. 134: 1–2.
- ↑ "Elizabeth Pirie". Funeral-Noticies.co.ok
- ↑ "Past Presidents". Yorkshire Numismatic Society.