Emblema de Alxeria
A versión actual do escudo de Alxeria adoptouse o 1 de novembro de 1976.
Descrición
[editar | editar a fonte]Na parte superior do escudo figura o sol nacente, símbolo dunha nova era. Debaixo do sol aparece representada o Hamsa ou man de Fátima, símbolo tradicional islámico. No horizonte aparece representada a cordilleira do Atlas. Aos pés da cordilleira aparecen representados elementos vexetais e edificios que simbolizan o desexo de progreso industrial e agrícola do país. Na parte inferior do escudo aparecen representados o crecente (lúa crecente) e a estrela de cinco puntas de cor vermella que tamén figuran na bandeira nacional.
Os elementos do escudo aparecen rodeados pola denominación oficial do país en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية, Al Jumhūrīyah al Jazā'irīyah ad Dīmuqrāţīyah ash Sha'bīyah, é dicir República Democrática e Popular de Alxeria.