Enxeñaría de minas
A Enxeñaría Superior de Minas é un título universitario español. Abrangue os coñecementos específicos aplicados ao aproveitamento dos recursos naturais da Terra e a aplicación dos mesmos na construción dos materiais necesarios para o desenvolvemento da sociedade actual e futura. Tamén inclúe a creación e manexo adecuado das fontes de enerxía mantendo o equilibrio coa natureza. A Enxeñaría Superior de Minas está especializada na creación de riqueza e desenvolvemento sostible, compatible co resto de actividades que a sociedade actual demanda.
Descrición
[editar | editar a fonte]A Intensificación de Enerxía e Combustibles ten materias tecnolóxicas sobre enerxía eléctrica, térmica e frigorífica, hidráulica, solar térmica e fotovoltaica, eólica, nuclear, biomasa, hidrocarburos e combustibles complementarios. Na investigación destaca o estudo e desenvolvemento de novas fontes de enerxía, con especial atención nas enerxías renovables.
A Intensificación de Materiais e Metalurxia comprende metalurxia, siderurxia, mineralurxia, materiais cerámicos, plásticos e polímeros, e reciclado de metais. Na investigación destaca a bioenxeñaría.
A Intensificación Mineira e Medioambiental engloba explotacións mineiras e canteiras, túneles e noiros, infraestruturas de enxeñaría civil, sondaxes, xeofísica e xeoquímica, explosivos, fotogrametría e teledetección, hidroloxía e medioambiente. Nos últimos anos experimentouse un elevado interese polas rochas ornamentais no ámbito profesional.
A titulación outorga competencias lexislativas profesionais para firmar proxectos de calquera intensificación da carreira independentemente da que cursara. Por isto establecese a diferenza entre intensificación e especialidade, que é unha ampliación técnica dos intereses do alumno non constatable no título. As competencias[1] exclusivas segundo a lexislación española son:
- O uso de explosivos
- Os proxectos mineiros
- As obras subterráneas (o sostemento de obras civís e toda actividade que implique técnica mineira).
A Enxeñaría Superior de Minas naceu en 1777 ante a incipiente chegada da primeira Revolución Industrial. Certos textos franceses consideran a Enxeñaría de Minas «a nai das enxeñarías».[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Competencias" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de maio de 2016. Consultado o 14 de abril de 2016.
- ↑ "Web da escola de Minas de Paris". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2006.