Escalada nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020
Escalada nos Xogos da XXXII Olimpíada | |
---|---|
Vista aérea do Aomi Urban Sports Park de Toquio, sede principal. | |
Sede | Aomi Urban Sports Park, Toquio |
Datas | 3–6 de agosto de 2021 |
N.º de eventos | 2 |
Competidores | 40 de 19 nacións |
Escalada nos Xogos Olímpicos de 2020 | ||
---|---|---|
Clasificación | ||
Combinada | masculina | feminina |
A escalada nos Xogos Olímpicos de 2020 foi un evento organizado nos Xogos Olímpicos de Verán de 2020 en Toquio, Xapón[1] (postergados ao 2021[2] debido á pandemia de COVID-19). Celebráronse dous eventos, un para homes e outro para mulleres. O formato constou de tres disciplinas: escalada de dificultade (ou lead), escalada de velocidade e bouldering (ou escalada en bloque). O gañador determinouse en función de quen tivo mellor rendemento global nas tres disciplinas. Este formato probárase previamente nas Xogos Olímpicos da Xuventude 2018. O código olímpico para a escalada deportiva é CLB.
Por mor dunha brecha na seguridade olímpica, filtráronse dous boulders de cualificación en YouTube; o vídeo foi rapidamente eliminado e os boulders afectados restablecidos.[3]
Formato
[editar | editar a fonte]O 3 de agosto de 2016, o Comité Olímpico Internacional (COI) anunciou formalmente que a escalada sería deporte olímpico con medallas nos Xogos Olímpicos de 2020.[1][4] A inclusión fora proposta pola Federación Internacional de Escalada (IFSC) en 2015.[5]
A decisión de combinar tres disciplinas—escalada de dificultade (lead), bouldering e escalada de velocidade— cun total de tres medallas por sexo—causou enorme criticismo no mundo da escalada.[6]
A escaladora Lynn Hill dixo que a decisión de incluír a escalada de velocidade era como "pedirlle a un corredor de media distancia competir na modalidade de sprint." O escalador Adam Ondra manifestou unha opinión similar, comentando nunha entrevista que calquera outra cousa tivese sido mellor que a combinación proposta. Hai certa mestura deportiva entre atletas nas categorías de escalada de dificultade (lead) e boulder, pero a escalada de velocidade adoita verse como unha disciplina totalmente separada das outras dúas que practican atletas especializados. A escaladora Shauna Coxsey afirmou: "Ningún escalador de boulder fixo unha transición á modalidade de velocidade e dificultade, así como ningún escalador de velocidade a fixo ao bouldering e dificultade".[6][7]
Os membros da IFSC explicaron que o comité olímpico só lles concedera unha medalla de ouro por sexo e que non quixeron excluír os escaladores de velocidade. O obxectivo da IFSC para os Xogos Olímpicos de 2020 era principalmente establecer a escalada e as súas tres disciplinas como deportes olímpicos; os cambios no formato xa poderían vir máis adiante se fosen necesarios. Esta táctica resultou exitosa: concedéuselles un segundo conxunto de medallas para os Xogos Olímpicos de 2024, e en 2024 a escalada de velocidade será un evento separado do evento que combina escalada de dificultade e bouldering.[6][8][9]
A clasificación final calculouse multiplicando a clasificación dos escaladores en cada disciplina de escalada, sendo a mellor puntuación a máis baixa.[10][11]
Clasificación
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Escalada nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 - Clasificación.
Houbo 40 prazas dispoñibles en escalada para os Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Cada comité olímpico nacional podía obter un máximo de 2 prazas para cada evento (cun máximo de 4 entre dous eventos). Cada evento tivo 20 competidores clasificados: 18 da fase clasificatoria, 1 do anfitrión (Xapón) e mais 1 das invitacións da Tripartite Commission.[12]
O Mundial de Escalada de 2019 serviu como evento clasificatorio outorgando 7 prazas por xénero para o torneo olímpico aos vencedores dos eventos combinados.[13][14]
Calendario
[editar | editar a fonte]Q | Clasificación | F | Finais |
Modalidade | 3 de agosto | 4 de agosto | 5 de agosto | 6 de agosto | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Combinada masculina | |||||||||||||||
Combinada feminina |
Equipos participantes
[editar | editar a fonte]Clasificáronse 40 escaladores de 19 países. Os eventos de clasificación incluíron o Mundial de Escalada de 2019, un evento de clasificación olímpica, e campionatos continentais.
- Alemaña nos Xogos Olímpicos (2)
- Australia nos Xogos Olímpicos (2)
- Austria nos Xogos Olímpicos (2)
- Canadá nos Xogos Olímpicos (2)
- Casaquistán nos Xogos Olímpicos (1)
- China nos Xogos Olímpicos (2)
- Corea do Sur nos Xogos Olímpicos (2)
- Eslovenia nos Xogos Olímpicos (2)
- España nos Xogos Olímpicos (1)
- Estados Unidos nos Xogos Olímpicos (4)
- Francia nos Xogos Olímpicos (4)
- Gran Bretaña nos Xogos Olímpicos (1)
- Italia nos Xogos Olímpicos (3)
- Polonia nos Xogos Olímpicos (1)
- República Checa nos Xogos Olímpicos (1)
- ROC nos Xogos Olímpicos (3)
- Suíza nos Xogos Olímpicos (1)
- Suráfrica nos Xogos Olímpicos (2)
- Xapón nos Xogos Olímpicos (4) (Organizador)
Resumo de medallas
[editar | editar a fonte]Medalleiro
[editar | editar a fonte]* País organizador ( Xapón)
Posición | País | Ouro | Prata | Bronce | Total |
---|---|---|---|---|---|
1 | Eslovenia | 1 | 0 | 0 | 1 |
España | 1 | 0 | 0 | 1 | |
3 | Xapón* | 0 | 1 | 1 | 2 |
4 | Estados Unidos | 0 | 1 | 0 | 1 |
5 | Austria | 0 | 0 | 1 | 1 |
Totais (5 países) | 2 | 2 | 2 | 6 |
Medallistas
[editar | editar a fonte]Evento | Ouro | Prata | Bronce |
---|---|---|---|
Combinada masculina |
Alberto Ginés López España |
Nathaniel Coleman Estados Unidos |
Jakob Schubert Austria |
Combinada feminina |
Janja Garnbret Eslovenia |
Miho Nonaka Xapón |
Akiyo Noguchi Xapón |
Récords acadados
[editar | editar a fonte]Evento | Rolda | Escalador(a) | País | Tempo | Data | Récord |
---|---|---|---|---|---|---|
Combinada masculina (velocidade) | Clasificación | Bassa Mawem | Francia | 5.45 | 3 de agosto | RO[17] |
Combinada feminina (velocidade) | Clasificación | Aleksandra Mirosław | Polonia | 6.97 | 4 de agosto | RO[18] |
Final | Aleksandra Mirosław | Polonia | 6.84 | 6 de agosto |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "IOC approves five new sports for Olympic Games Tokyo 2020 – Olympic News". Olympic.org. Consultado o 8 de agosto de 2016.
- ↑ "Joint Statement from the International Olympic Committee and the Tokyo 2020 Organising Committee". olympic.org. IOC. 24 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Breach of Security at Olympic Climbing Wall Causes Kerfuffle". Climbing.com. 2021-07-29. Consultado o 7 de agosto de 2021.
- ↑ "Climbing Officially Approved for 2020 Olympics". climbing.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2019.
- ↑ "IFSC Proposes Sport Climbing For Toyko 2020 Olympic Games". The British Mountaineering Council. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Rock climbing will be a 2020 Olympic sport. Here's what to expect.". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2019.
- ↑ "Sport climbing is like asking Usain Bolt to run a marathon and then do the hurdles". Olympic.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2019.
- ↑ "Vertical Triathlon: The Future of Climbing in the Olympics". climbing.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2019.
- ↑ "Olympic Committee Unanimously Votes to Include Sport Climbing in Paris 2024 Games". climbing.com. Arquivado dende o orixinal o 4 de xullo de 2019.
- ↑ Burgman, John. "A Guide to the Tokyo 2020 Olympic Climbing Format". Climbing Magazine (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2019.
- ↑ "How Does Sport Climbing At The Olympics Work? – Olympic Climbing Format Explained". Climber News. 27 de xullo de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2021.
- ↑ Sistema de cualificación - Xogos da XXXII Olimpíada - Escalada deportiva; Federación Internacional de Escalada Deportiva, 15 de marzo de 2018.
- ↑ "GB Climbing in Hachioji: first step to Tokyo 2020". British Mountaineering Council. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019.
- ↑ "IFSC Climbing World Championships – Hachioji (JPN) 2019". International Federation of Sport Climbing. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019.
- ↑ "Schedule – Sport Climbing Tokyo 2020 Olympics". Olympian Database. Consultado o 8 de marzo de 2020.
- ↑ "Sport Climbing Competition Schedule". Tokyo 2020. Consultado o 8 de marzo de 2020.
- ↑ "Sport Climbing – Men's Combined Speed Qualification Results" (PDF). Tokyo 2020. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de agosto de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021.
- ↑ "Women's Combined Speed Qualification Results" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de agosto de 2021. Consultado o 05 de agosto de 2021.
- ↑ "Sport Climbing – Women's Combined – Speed Final Brackets" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2021. Consultado o 06 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: |
Escalada nos Xogos Olímpicos XXVII edición |
Sucesor: París 2024 |