Escola de Delft (pintura)
A Escola de Delft é unha tendencia da pintura barroca dos Países Baixos vixente no século XVII e desenvolvida por diferentes artistas heteroxéneos que traballaronn na cidade de Delft, na Holanda Meridional, entre 1650 e 1670, caracterizada pola representación de escenas cotiás desa cidade: imaxes da vida doméstica, vistas das casas, interiores de igrexas, patios, prazas e rúas.
Carel Fabritius e Nicolaes Maes son considerados como os artistas orixinadores desta tendencia, seguidos por outros pintores, entre os que cómpre salientar a Johannes Vermeer. Os interiores arquitectónicos de Gerard Houckgeest, Emanuel de Witte e Hendrick Cornelisz. van Vliet tamén supoñen notables contribucións.
Ademais dos xéneros máis asociados aos pintores de Delft, os artistas da cidade continuaron a producir pinturas de natureza morta e de historia, retratos e pezas de arte decorativa que reflicten as tendencias máis xerais da arte holandesa dese período.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Liedke, Walter A. Vermeer and the Delft School. Metropolitan Museum of Art. 2001. [ISBN 978-0-87099-973-4]
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The School of Delft Arquivado 18 de outubro de 2017 en Wayback Machine.
- Exposición "Vermeer and the Delft School".