Saltar ao contido

Escola primaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha escola primaria en Český Těšín, República Checa
Unha escola primaria pequena en Norfolk, Inglaterra
Unha Shōgakkō ou unha clase de escola primaria no Xapón.

Unha escola primaria é unha escola na que os nenos reciben educación primaria desde aproximadamente a idade de cinco a doce anos, o paso seguinte despois do preescolar e antes da escola secundaria (nalgúns países hai un paso intermedio de escola media entre a educación primaria e a secundaria). Na maioría do mundo, a educación primaria é o primeiro paso no ensino, e está normalmente dispoñible sen pagar, pero tamén se ofrecen escolas privadas independentes nas que cómpre pagar.

O termo escola primaria deriva do francés école primaire, que foi usado por vez primeira en 1802.[1]

  • Escola primaria é o termo preferido no Reino Unido e outras moitas nacións, e na maioría das publicacións da UNESCO.[2]
  • Escola elemental é o termo preferido nalgúns países, especialmente nos Estados Unidos e o Canadá.
  1. "Online Etymology Dictionary". 
  2. Primary school. Na Encyclopædia Britannica. Consultado o 12 de xuño de 2007, desde Encyclopædia Britannica Online: http://search.eb.com/eb/article-9061377

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.