Saltar ao contido

Esfalerita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

 

Esfalerita
Esfarelita sobre cuarzo, procedente do xacemento de Shuikoushan, China
ClaseSulfuros
SubclaseSulfuros de metais de transición
Sistema cristalinoCúbico
Corbranca, amarelada, alaranxada, roxa, vermella, marrón, gris ou negra
BrilloMetálico
Dureza3.5 - 4
FracturaIrregular
Exfoliaciónperfecta
RaiaAmarelo pálido a marrón ou negra
Densidade4.3 - 4.4 g/cm³
Exemplo de esfalerita, mina de Iron Cap en Graham, Arizona

A esfalerita, esfalerite ou blenda[1] ((Zn, Fe)S) é un mineral composto por sulfuro de cinc. O seu nome provén do alemán blender, enganar, xa que se confunde con galena pola súa aparencia semellante. Tamén se chama esfalerita, que procede do grego sphaleros, "enganoso", xa que non ten o aspecto común aos sulfuros.[2]

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

Non se recomenda o nome blenda porque tamén se usa para outros minerais. Por exemplo en alemán nomeáronse Pechblende, 'blenda de pez', Hornblende, 'blenda córnea' etc.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

A esfalerita ten unha dureza de 3,5 a 4,0 na escala de Mohs e densidade de 3,50 a 4,20 g/cm³.

Cristalización

[editar | editar a fonte]

Cristaliza no sistema isométrico.[3] A esfalerita adoita cristalizar en tetraedros, ás veces en dodecaedros, rombododecaedro {110} e tamén triaquistetraedros positivo {311} e negativo {3-11}.

Estrutura da esfalerita.

Pode ser branca, marrón, negra, amarela, marrón verdosa, marrón amarelada ou avermellada. Ten unha raia marrón clara a amarela, brillo resinoso a adamantino, unha escisión dodecaédrica perfecta e moi fráxil.[4]

Composición e uso

[editar | editar a fonte]

É moi común, aparece xeralmente coa galena en depósitos de orixe hidrotermal.

É o principal mineral de zinc, utilízase para obter outros elementos e tamén como xema ou xoia.

Notas

  1. "blenda". bUSCatermos; aplicacions.usc.es. Consultado o 2024-08-24. 
  2. O nome de esfalerita adoita escribirse mal en galego e portugués esfarelita, por exemplo aquí. Etimoloxicamente non ten nada que ver co termo "esfarelar" (separar o farelo da fariña, e, por analoxía, desfacer en cousas moi pequenas).
  3. En cristalofrafía, o sistema cristalino cúbico ou isométrico ten tres eixos perpendiculares de igual tamaño. Os cristais son equidimensionais e, a pesar do nome, non necesariamente cúbicos; poden ser octaedros ou dodecaedros. Teñen isotropía térmica e óptica, o que implica que a luz e calor se propagan á mesma velocidade en todas as direccións.
  4. "Esfalerita – MINERALES DEL MUNDO". mineralesdelmundo.com (en castelán). Consultado o 2024-08-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Branco, Pércio de Moraes, 2008, Dicionário de Mineralogia e Gemologia, São Paulo, Oficina de Textos, 608 p. il